Viktor Frankl

neurólogo e psiquiatra austriaco

Viktor Emil Frankl, nado en Viena o 26 de marzo de 1905 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1997, foi un neurólogo e psiquiatra austríaco, fundador da logoterapia, tamén chamada terceira escola vienesa da psiquiatría. De orixe xudía, sobreviviu dende 1942 ata 1945 en varios campos de concentración do Terceiro Reich nazi, incluídos Auschwitz e Dachau. Froito da súa experiencia, escribiu a súa obra máis coñecida, Ein Psychologe erlebt das Konzentrationslager (Un psicólogo experimentado no campo de concentración), tamén publicada en inglés en edición revisada polo autor coma Man's Search for Meaning (O home na busca de sentido).[1]

Viktor Frankl
Datos persoais
AlcumeGabriel Lion
Nacemento26 de marzo de 1905
LugarViena
Falecemento2 de setembro de 1997
LugarViena
SoterradoOld Jewish Cemetery
NacionalidadeAustria
CónxuxeTilly Grosser
Actividade
Campopsicoterapeuta, psicólogo, psiquiatra, catedrático, neurólogo, existential therapist, escritor, cirurxián, aviador e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Viena
Coñecido porEm Busca de Sentido, The Unconscious God e The Doctor and the Soul
PremiosRing of Honour of the City of Vienna, Grã-cruz do Mérito com Estrela da Ordem do Mérito da República Federal da Alemanha, Prêmio Oskar Pfister, honorary doctor of the University of Vienna, honorary doctorate of Salzburg University, Prêmio de Ciências Naturais da Cidade de Viena, honorary citizen of Vienna, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, Masaryk University Gold Medal, honorary doctorate from the Catholic University of Lublin, doutor honoris causa pola Universidade Carolina de Praga, Doctor honoris causa pela Universidade de Brasília, Ehrenpreis des österreichischen Buchhandels für Toleranz in Denken und Handeln e Prêmio Cardeal Innitzer
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Viktor Frankl naceu no seo dunha familia xudía. Seu pai traballaba no parlamento, onde ocupou postos de estenógrafo e rematou coma ministro de asuntos sociais. Dende mozo, Frankl mostrou un grande interese pola psicoloxía e mais a política, pois pertenceu a varias organizacións xuvenís próximas ao socialismo.

Estudou medicina na Universidade de Viena e especializouse en neuroloxía e psiquiatría. Dende 1933 ata 1937 traballou no Hospital Xeral da cidade, pero os vindeiros anos, ata 1940, practicou a psiquiatría na súa propia consulta privada, algo moi típico na época. Despois, dirixiu ata 1942 o departamento de neuroloxía do Hospital Rothschild, o único hospital de Viena onde os xudeus podían acudir, tras o triunfo do NSDAP, o partido nazi, en Alemaña e o Anschluss.

En decembro de 1941 casou co Tilly Grosser, tamén de orixe xudía. No outono do seguinte ano, xunto á súa muller e os seus pais, foi deportado ao campo de concentración de Theresienstadt. Tres anos máis tarde, foi trasladado a Auschwitz e despois a Kaufering e Türkheim, dous subcampos asociados a Dachau. Foi liberado o 27 de abril de 1945 polo exército estadounidense, mais a súa muller e familia non sobreviviron ao Holocausto xudeu e endexamais volveu velos.

Tras a liberación editar

Despois da súa liberación, volveu a Viena, onde escribiu, froito dos seus pensamentos nos campos de exterminio, o seu máis famoso libro, Ein Psychologe erlebt das Konzentrationslager , unha aproximación á psicoloxía dun prisioneiro (e, ás veces, dos carcereiros) nun campo de concentración dende a perspectiva dun psiquiatra. Nesta obra expón que, aínda vivindo nas máis extremas condicións de deshumanización e sufrimento, o home pode atopar unha razón para vivir, un sentido para a súa vida que o protexa de perder o siso, baseándose na súa tendencia natural á transcendencia e á súa dimensión espiritual, que leva de xeito natural á esperanza. O libro é considerado un dos mellores testemuños do Holocausto, grazas, en gran parte, á súa linguaxe serena e comprensiva, moi lonxe da vinganza ou do rancor.

Esta reflexión confirmouno nas súas ideas previas ao Holocausto, concretadas na logoterapia, considerada a terceira escola vienesa da psicoloxía, despois da psicanálise de Freud e a psicoloxía individual de Alfred Adler, ambos os dous importantes influencias de Frankl, aínda que defendesen ideas dispares sobre a conduta e natureza humana, feito que animou a Frankl a crear a súa propia escola. A logoterapia afirma que o verdadeiro motor dunha vida é a busca dun sentido vital pleno, cara á esperanza. O traballo do terapeuta será axudar o paciente a coñecer os camiños para atopar este sentido. Grazas ao seu traballo dirixiu a policlínica neurolóxica de Viena ata 1971.

Recoñecemento editar

As ensinanzas de Frankl foron recoñecidas mundialmente. En 1949 recibiu un doutoramento honorario en Filosofía. En 1955, foi nomeado profesor da Universidade de Viena. A partir de 1961, compaxinou cinco postos de profesor nos Estados Unidos, nas universidades de Harvard, Stanford, Dallas, Pittsburgh e San Diego. Foille outorgado o premio Oskar Pfister da Sociedade Americana de Psiquiatría, así como outras distincións de diferentes países, entre os que destacan os seus 29 doutoramentos Honoris Causa.

Ensinou na universidade ata os 85 anos e foi un experto escalador de montañas e piloto de avionetas. Publicou máis de 30 libros, traducidos a diversos idiomas, e impartiu numerosas conferencias ata meses antes do seu pasamento, o 2 de setembro de 1997, na súa cidade natal.

Obras editar

 
Portada de Die Psychotherapie in der Praxis (A psicoterapia na práctica).
  • Ärztliche Seelsorge. Viena, 1946 (edicións posteriores Ärztliche Seelsorge. Grundlagen der Logotherapie und Existenzanalyse)
  • Ein Psychologe erlebt das Konzentrationslager. Verlag für Jugend und Volk, Viena, 1946
  • ... trotzdem Ja zum Leben sagen.Franz Deuticke, Viena 1947
  • Die Existenzanalyse und die Probleme der Zei. Amandus-Verlag, Viena, 1947
  • Zeit und Verantwortung. Franz Deuticke, Viena, 1947.
  • Der unbewußte Gott. Psychotherapie und Religion. Amandus-Verlag, Viena, 1948 [2].
  • Der unbedingte Mensch. Franz Deuticke, Viena, 1949
  • Homo patiens. Versuch einer Pathodizee. Franz Deuticke, Viena, 1950.
  • Logos und Existenz. Amandus-Verlag, Viena, 1951.
  • Die Psychotherapie im Alltag. Psyche, Berlin-Zehlendorf, 1952.
  • Pathologie des Zeitgeistes. Franz Deuticke, Viena, 1955 ( Psychotherapie für den Alltag. Rundfunkvorträge über Seelenheilkunde a partir das edicións de 1971)
  • Theorie und Therapie der Neurosen. Einführung in Logotherapie und Existenzanalyse. Urban & Schwarzenberg, Viena-Innsbruck, 1956
  • Das Menschenbild der Seelenheilkunde. Hippokrates-Verlag, Stuttgart, 1959.
  • Der Mensch auf der Suche nach Sinn. Herder, Freiburg im Breisgau, 1972-1977.
  • Der Wille zum Sinn. Ausgewählte Vorträge über Logotherapie.. Hans Huber, Viena, 1972 ISBN 3-456-81165-9
  • Anthropologische Grundlagen der Psychotherapie. Hans Huber, Viena, 1975 (2ª edición revisada Der leidende Mensch. Anthropologische Grundlagen der Psychotherapie, 1984)
  • Der Mensch vor der Frage nach dem Sinn. Eine Auswahl aus dem Gesamtwerk. Piper, Múnic, 1979 ISBN 3-492-02492-0[3].
  • Was nicht in meinen Büchern steht. Quintessenz, Múnic 1995. (Memorias)
  • Zeiten der Entscheidung. Herder, Freiburg . 1996 ISBN 3-451-04861-2

Recompilatorios editar

  • Frühe Schriften 1923–1942, 2005 ISBN 978-3-85175-812-2(Escolma de textos da súa primeira época)
  • Gesammelte Werke: Trotzdem Ja zum Leben sagen: Und ausgewählte Briefe (1945 - 1949), vol. 1, 2005 ISBN 978-3-205-77351-1
  • Gesammelte Werke: Psychologie des Konzentrationslagers. Synchronisation in Birkenwald und Ausgewählte Texte 1945–1997, vol. 2, 2006 ISBN 978-3-205-77390-0
  • Gesammelte Werke: Die Psychotherapie in der Praxis und ausgewählte Texte über angewandte Psychotherapie, vol. 3, 2007 ISBN 978-3-205-77664-2

Notas editar

  1. Ambos os dous textos, alemán e inglés, son as fontes das traducións do libro. Cfr. Man's Search for Meaning, Viktor Frankl. Beacon Press, 2006, ISBN 978-0-8070-1426-4 e Frankl, Viktor Emil; [Traducido por Christine Kopplhuber e Gabriel Herrera] (2005). Herder, ed. El hombre en busca de sentido. ISBN 978-84-254-2331-4. 
  2. Textauszug aus Der unbewußte Gott, Psychotherapie und Religion
  3. Rezension von Der Mensch vor der Frage nach dem Sinn

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar