Arquidiocese católica latina de Rabaul

A arquidiocese de Rabaul (en latín: Archidioecesis Rabaulensis) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2010 tiña 149.870 bautizados sobre unha poboación total de 285.540 habitantes. Francesco Panfilo é o actual arcebispo.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Rabaul

Localización
Mapa
 4°18′S 152°18′L / -4.3, 152.3Coordenadas: 4°18′S 152°18′L / -4.3, 152.3
Poboación
Poboación384.952 (2020) Editar o valor em Wikidata (15,4 hab./km²)
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie25.000 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Páxina webarchdioceseofrabaul.com Editar o valor em Wikidata

Territorio editar

A arquidiocese abrangue a provincia de Nova Bretaña Oriental en Papúa-Nova Guinea. A sé arcebispal é a cidade de Kokopo, onde está a Catedral do Sagrado Corazón, e en Rabaul esta a Concatedral de San Francisco Xabier.

O territorio está organizado en 29 parroquias.

Historia editar

En 1844 foi erixida a vigairía apostólica de Melanesia, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía occidental. O 10 de maio de 1889 foi renomeada como vigairía apostólica de Nova Bretaña, e gañou territorios da vigairía apostólica de Micronesia e cedeu territorio para erixir a vigairía apostólica de Nova Guinea. O 8 de decembro de 1890 mudou novamente o seu nome polo de vigairía apostólica de Nova Pomerania.

O 24 de febreiro de 1896, o 28 de xuño e o 27 de xullo de 1897 cedeu partes do seu territorio para erixir a prefectura apostólica da Terra do Emperador Guillerme, a vigairía apostólica das Illas Gilbert, e a prefectura apostólica das Illas Salomón Británicas. O 23 de maio de 1898 cedeu territorio para erixir a prefectura apostólica das Illas Salomón Alemás. En 1905 cedeu territorio para erixir a misión sui iuris das Illas Marshall. O 14 de novembro de 1922 foi renomeada como vigairía apostólica de Rabaul.

O 5 de xullo de 1957 cedeu territorios para estabelecer a vigairía apostólica de Kavieng, e o 15 de novembro de 1966 foi elevada a arquidiocese metropolitana coa bula Laeta incrementa de Paulo VI.

O 4 de xullo de 2003 cedeu novamente territorio para erixir a diocese de Kimbe.

Episcopoloxio editar

Vigairos apostólicos de Melanesia
Vigairos apostólicos de Nova Bretaña
Vigairos apostólicos de Nova Pomerania
Vigairos apostólicos de Rabaul
Arcebispos metropolitanos de Rabaul

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar