Vieja Guardia
A Vieja Guardia de FET y de las JONS foi unha organización paramilitar de extrema dereita que existiu en España durante o réxime franquista.
Historia
editarApareceu en marzo de 1942, por un decreto-lei que creaba a «medalla de la Vieja Guardia» á que podían acollerse aqueles que foran militantes dos dous partidos mencionados no Decreto de Unificación, Falange Española de las JONS e a Comuñón Tradicionalista.[1]
A fronte desta «Vieja Guardia» quedou un inspector nacional, que respondía ante o secretario xeral de FET y de las JONS.[1] Dependente orgánicamente do partido único, a organización mantivo unha certa autonomía no seo do «Movimiento».[2] Durante a ditadura franquista, igual que ocorriría coa Guardia de Franco ou a Confederación Nacional de Excombatientes, a Vieja Guardia mantivo unha posición inmovilista.[3] Deixou de funcionar como tal a finais da década de 1950, vítima da súa escasa operatividade; segundo José Luis Rodríguez Jiménez, logo da súa desaparición unha parte dos seus membros integrouse en organizacións falanxistas opostas á liña oficial.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rodríguez Jiménez 1994, p. 96.
- ↑ Rodríguez Jiménez 1994, p. 95.
- ↑ Gil Pecharromán 2013, p. 37.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gil Pecharromán, Julio (2013). El Movimiento Nacional (1937-1977). Barcelona: Grupo Planeta. ISBN 978-84-08-12138-1.
- Rodríguez Jiménez, José Luis (1994). Reaccionarios y golpistas: la extrema derecha en España: del tardofranquismo a la consolidación de la democracia, 1967-1982. Madrid: CSIC. ISBN 84-00-07442-4.