Vitoria rexia

especie de planta
(Redirección desde «Victoria amazonica»)
Victoria amazonica

Floración da vitoria rexia (V. amazonica) no Hortus Botanicus de Ámsterdan
imaxe de Dirk van der Made
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Fanerógama Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Nymphaeales
Familia: Nymphaeaceae
Xénero: Victoria
Especie: Victoria amazonica
Nome binomial
Victoria amazonica
(Poepp.) J.C.Sowerby

A vitoria rexia (Victoria amazonica) é unha planta acuática da familia das ninfáceas, típica da rexión amazónica. Posúe unha gran folla en forma de círculo, que fica sobre a tona da auga, e pode chegar a ter até 2,5 metros de diámetro e soportar até 40 quilos se fosen ben distribuídos na súa superficie.

Unha flor de vitoria rexia.

Descrición editar

Caracterízase por ter grandes follas circulares (pratos) de até 2,5 metros de diámetro que boian na tona da auga sobre talos somerxidos que acadan 7 a 8 m de longo.

A flor, que mide até 40 cm de diámetro, ábrense á noitiña (a partir das seis da tarde). A flor (a floración ocorre dende o inicio de marzo até xullo) pode ser branca, lila, roxa, rosa e até amarela , e expelen un recendo nocturno doce semellante ao cheiro do albaricoque, chamada normalmente "rosa lacustre", mantense aberta até aproximadamente as nove horas da mañá do día seguinte. No segundo día, o da polinización, a flor é cor de rosa. Así que as flores se abren, o seu forte cheiro atrae os escaravellos polinizadores (cyclocefalo casteneaea), que as penetran e nelas fican os ovos. Hoxe existe o control por novas tecnoloxías (fertilización e hormonas) co que é posíbel controlar o tamaño dos pratos (follas), polo que é moi usada no paisaxismo urbano tanto en grandes lagos coma en pequenos espellos de auga.

 
Vista por baixo.

Etimoloxía editar

Ademais do nome galeguizado de vitoria rexia, no Amazonas coñécese co nome de baronesa. Así mesmo no seu país de orixe ten outros nomes autóctonos: irupé (guaraní), uapé, aguapé (tupí), aguapé-assú, jaçanã, nampé, forno-de-jaçanã, rainha-dos-lagos, milho-d'água e cará-d'água. Os ingleses déronlle o nome Vitoria en homenaxe á raíña, cando o explorador alemán ao servizo da Coroa Británica Robert Hermann Schomburgk levou as súas sementes para os xardíns do palacio inglés.

Usos editar

Ademais do uso ornamental en xardíns acuáticos, o zume extraído das súas raíces é utilizado polos indios como tintura negra para os cabelos. Tamén utilízase como folla sagrada nos rituais da cultura afro-brasileira denominándose oxibata.

Notas editar

  • José Flávio Pessoa de Barros – Eduardo Napoleão - Ewé Òrìsà - Uso Litúrgico e terapêutico dos Vegetais nas casas de candomblé Jêje-Nagô, Editora Bertrand Brasil.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar