Victoria Otero

matemática galega

María Victoria Otero Espinar, nada en Lugo en 1962, é unha matemática galega, profesora e investigadora na Universidade de Santiago de Compostela.

Infotaula de personaVictoria Otero
Biografía
Nacemento(es) María Victoria Otero Espinar Editar o valor em Wikidata
1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela, catedrático de universidade Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2280162

Traxectoria editar

Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), Otero completou a súa formación investigando en centros de Estados Unidos e de Francia. En 1992, finalizou o seu doutoramento sobre sistemas dinámicos discretos na USC baixo a supervisión de Charles Tresser (Universidade de Niza Sophia Antipolis e Centro de Investigación IBM en Nova York) e do catedrático Fernando Costal Pereira.[1]

Traballa na USC como profesora do Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización, e é membro do Consello Científico do Instituto de Matemáticas da USC. Ademais, foi Vicerreitora de Titulacións desde desde 2018 até marzo de 2020.[2][3][4] Participou en máis de vinte proxectos de I+D financiados en convocatorias públicas e é autora de máis de 40 artigos científicos en revistas incluídas na publicación especializada Journal Citation Reports (JCR).[5] Colabora con investigadores da USC e con especialistas internacionais como Ravi Agarwal (Florida Institute of Technology), Hyman Bass (Universidade de Columbia) ou Paul Glendinning (Cambridge University).

Victoria Otero foi decana da Facultade de Matemáticas da USC entre 2009 e 2017, un período moi frutífero para o centro .[6][7][8]

En paralelo á súa carreira académica, Otero preside a Comisión Profesional da Real Sociedade Matemática Española desde 2007, é membro do grupo de investigación "Ecuacións diferenciais non lineares", e foi presidenta da Conferencia de Decanos de Matemáticas entre 2016 e 2017.[9][10][11][12]

Recoñecementos editar

En 2015, as redaccións do Grupo Correo Galego recoñeceron unanimemente a traxectoria e o traballo de Otero á fronte da Facultade de Matemáticas da USC polo que ingresou no club Galegos do Ano.[7]

Notas editar

  1. "GaliciaDiario. Victoria Otero e Guillermo Rojo ofrecerán unha conferencia no Ateneo de Santiago" (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  2. "Vicerrectorado de Titulaciones - Vicerrectorado de Titulaciones - USC". Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  3. "María Victoria Otero Espinar – Executivas" (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  4. "Dimite Victoria Otero, vicerrectora de Titulaciones de la USC". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-03-09. Consultado o 2020-08-22. 
  5. "A profesora Victoria Otero Espinar tomou posesión como decana de Matemáticas - - USC". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  6. "Responsables das ensinanzas superiores de Matemáticas en España analizan o estado actual da disciplina - - USC". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  7. 7,0 7,1 "Victoria Otero, decana de Matemáticas de la USC, se une al club de Gallegos del Año". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  8. Studies (CWTS), Centre for Science and Technology. "CWTS Leiden Ránking" (en inglés). Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  9. "Comisión Profesional de la Real Sociedad Matemática Española". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  10. "A profesora Victoria Otero Espinar tomou posesión como decana de Matemáticas - - USC". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  11. "A profesora Victoria Otero Espinar acaba de ser elixida presidenta da Conferencia de Decanos de Matemáticas - - USC". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 9 de xuño de 2019. 
  12. Redacción (2016-03-01). "A profesora da USC Victoria Otero, presidenta da Conferencia de Decanos de Matemáticas". GCiencia. Consultado o 2020-08-22.