Victoria Nuland

diplomática estadounidense

Victoria Nuland, nada en Nova York en 1961, é unha diplomática estadounidense. Foi portavoz do Departamento de Estado dos Estados Unidos de 2011 a 2013 durante a presidencia de Obama[1] e de 2013 ata xaneiro de 2017 foi responsable da política exterior para asuntos europeos e euroasiáticos[2] Tiña rango de Embaixadora de Carreira, o rango diplomático máis alto no Servizo Exterior dos Estados Unidos. De 2005 a 2008 foi Representante Permanente dos Estados Unidos na OTAN.

Infotaula de personaVictoria Nuland

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Victoria Jane Nuland Editar o valor em Wikidata
1 de xullo de 1961 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
24ª Under Secretary of State for Political Affairs (en) Traducir
3 de maio de 2021 –
← David Hale (en) Traducir
25ª Assistant Secretary of State for European and Eurasian Affairs (en) Traducir
18 de setembro de 2013 – 25 de xaneiro de 2017
← Philip Gordon (en) TraducirA. Wess Mitchell (en) Traducir →
Spokesperson for the United States Department of State (en) Traducir
31 de maio de 2011 – 5 de abril de 2013
← Philip J. Crowley (pt) TraducirJen Psaki (pt) Traducir →
United States Permanent Representative to NATO (en) Traducir
13 de xullo de 2005 – 2 de maio de 2008
← R. Nicholas Burns (pt) TraducirKurt Volker (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Brown
Choate Rosemary Hall (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCenter for a New American Security (en) Traducir (2018–2019)
Council on Foreign Relations (pt) Traducir (1999–2000)
Embaixada dos Estados Unidos em Moscovo (pt) Traducir (1991–1993) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
LinguaInglés estadounidense, lingua rusa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
década de 2010Euromaidan Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeRobert Kagan
PaiSherwin B. Nuland Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2543685 Editar o valor em Wikidata

Foi conselleira sénior no Grupo Albright Sonebridge, unha asesoría sobre estratexia e diplomacia comercial con sede en Washington. Foi directora executiva do Center for a New American Security dende xaneiro de 2018 a febreiro de 2019.

O 5 de xaneiro de 2021 anunciouse que o presidente electo Joe Biden nomearía a Nuland para servir como Subsecretaria de Estado para Asuntos Políticos no equipo de Antony Blinken.[3]

Traxectoria editar

Nuland é filla de Sherwin B. Nuland, profesor de medicina e de bioética na Universidade Yale. Graduouse na escola preparatoria Choate Rosemary Hall no ano 1979 e ten un B.A. pola Universidade Brown.

Foi representante permanente dos Estados Unidos ante a OTAN desde 2005 até 2008. No verán de 2011, Nuland foi nomeada portavoz do Departamento de Estado. Foi considerada "unha profesional consumada que demostrou que se pode confiar no profesionalismo dos oficiais de Servizo estranxeiro respecto de temas de política".[4]

Vida persoal editar

Está casada co historiador Robert Kagan, con quen ten dous fillos. Fala ruso e francés.

Notas editar

  1. "Bureau of Public Affairs Front Office Changes (nota de prensa)". Web do Departamento de Estado dos Estados Unidos (en inglés). 26 de maio de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2012. 
  2. "Victoria Nuland" (en inglés). 2019-04-02. Consultado o 2021-01-17. 
  3. "Biden to tap more Obama vets to fill key national security roles" (en inglés). Consultado o 2021-01-17. 
  4. Rogin, J. (16 de maio de 2011). "Victoria Nuland to be State Department spokesman". Foreign Policy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar