Victor Antoine Signoret

entomólogo francés

Victor Antoine Signoret, nado o 6 de abril de 1816 en París, e finado o 3 de abril de 1889 na mesma cidade, foi un farmacéutico, médico e entomólogo francés.

Victor Antoine Signoret
Nacemento6 de abril de 1816
Lugar de nacementoParís
Falecemento3 de abril de 1889 e 1889
Lugar de falecementoParís
Nacionalidadefrancesa
Ocupaciónfarmacéutico, médico e entomólogo
EstudosLicenciado en Farmacia, doutor en Medicina
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Seu pai, médico, dirixía unha empresa de produtos farmacéuticos. Victor estudou farmacia e despois medicina, obtendo o doutoramento en 1845 coa tese De l'Arsenic considéré sous ses divers points de vue.

Interesouse nos coleópteros e nos hemípteros, considerándose un dos primeiros grandes estudosos dos cocoideos. Estableceu métodos para a preparación de diapositivas para o exame da morfoloxía destes insectos.[1]

Realizou numerosos viaxes por Europa e Anatolia (Asia menor), o que lle permitiu reunir unha colección de espécimes moi grande, que foi adquirida polo Museo de Historia Natural de Viena, aínda que hai material importante no Museo de Historia Natural La Specola de Florencia.

Escribiu máis de 80 artigos, entre eles "Revision du groupe des Cydnides (1881-1884)".

Honores editar

  • Membro da Société entomologique de France
  • Membro de honor da Royal Entomological Society of London

Abreviatura editar

A abreviatura Signoret emprégase para recoñecer a Victor Antoine Signoret como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Wilson, Michael R.; Turner, James A. (2007). "Progress in the study of sharpshooter leaf hoppers (Hemiptera: Auchenorrhyncha: Cicadellidae) over 150 years: monographs, museums and individuals" (PDF). Tijdschrift voor Entomologie 150: 289–303. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de agosto de 2017. Consultado o 03 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jean Gouillard (2004): Histoire des entomologistes français, 1750-1950. Édition entièrement revue et augmentée. París: Éditions Boubée. ISBN 978-2-8500-4109-9.
  • Jean Lhoste (1987): Les Entomologistes français. 1750-1950. INRA Éditions.
  • Anthony Musgrave (1932): Bibliography of Australian Entomology, 1775-1930, with biographical notes on authors and collectors. Sydney: Royal Zoological Society of New South Wales.