Vicente de la Mata (1944)
Vicente de la Mata, nado en Rosario o 2 de xullo de 1944, é un ex futbolista arxentino. Xogou a maior parte da súa carreira en Independiente e foi internacional coa selección arxentina, ao igual que o seu pai Vicente de la Mata.
Vicente de la Mata | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Vicente de la Mata | ||
Nacemento | 2 de xullo de 1944 | ||
Lugar de nacemento | Rosario | ||
Altura | 188 centímetros | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1961–1970 | Independiente | 97 | (8) |
1970–1971 | Necaxa | ||
1971–1976 | Veracruz | ||
1976–1977 | O'Higgins | ||
1978–1979 | Argentino de Quilmes | ||
Selección nacional | |||
1965–1966 | Arxentina | 6 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarNaceu en Rosario, sendo fillo do histórico futbolista do Club Atlético Independiente, Vicente de la Mata e da súa muller, María Alida.[1] Ten ascendencia galega pois os seus avós paternos eran emigrantes galegos.[2]
Xogou nas categorías inferiores de Independiente ata subir ao primeiro equipo en 1961. Gañou tres títulos de Primeira División Arxentina en nove tempadas con Independiente. Tamén axudou a Independiente a gañar a Copa Libertadores dúas veces.
En 1970 saíu ao estranxeiro para xogar no Club Necaxa da Primeira División de México.[3] Xogou alí unha tempada fichando logo polo Deportivo Veracruz, onde militou durante cinco campañas. Cara ao final da súa carreira pasou por Chile, volvendo logo á Arxentina onde xogou unha derradeira tempada na Primeira B Metropolitana con Argentino de Quilmes.
Foi seis veces internacional coa selección arxentina, coa que disputou a fase de clasificación para o Mundial de 1966.
Notas
editar- ↑ Estévez, Martín (28 de setembro de 2014). "De la Mata: mil gambetas y un golazo". El Gráfico (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ Aira, Carlos (12 xaneiro de 2018). "¿A dónde va la gente? ¡A ver a Don Vicente!" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021.
- ↑ "Recuerdos del Ayer" (en castelán). 1 de xuño de 2011. Consultado o 18 de abril de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en National-Football-Teams.com (en inglés).
- Datos do xogador en BDFA (en castelán).