Vicente Pardo Tenreiro

xornalista, escritor e político galego

Vicente María Pardo Tenreiro, nado en Pontedeume e finado na Coruña o 19 de setembro de 1892,[1] foi un avogado, xornalista, escritor e político galego.

Modelo:BiografíaVicente Pardo Tenreiro
Biografía
NacementoPontedeume, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de setembro de 1892 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Agustín Pardo González, dono dunha fábrica de curtidos, e sobriño do político Ignacio Pardo González. Estudou Dereito en Madrid, acadando o doutoramento con 22 anos. Foi redactor dos periódicos madrileños El Resumen e El Demócrata. De regreso en Galicia, estableceuse na Coruña, onde abriu despacho de avogado. Colaborou en El Eume e La Mañana, do que foi director (1889-1892). Foi elixido deputado provincial polo distrito de Betanzos-Pontedeume en 1891 na órbita de Aureliano Linares Rivas. Nos xogos florais celebrados na Coruña en 1884 obtivo un accésit co poema "Adiós a la Patria".

  1. "Pardo Tenreiro", Gaceta de Galicia, 20-9-1892, p. 2.