Vicente Mejuto Leis

chofer e político galego

Vicente Mejuto Leis, nado en Cee o 24 de xaneiro de 1913 e finado en Berriozar o 22 de maio de 1938, foi un chofer e político galego.

Vicente Mejuto Leis
Nacemento24 de xaneiro de 1913
 Cee
Falecemento22 de maio de 1938
 Berriozar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónchofer e político
IrmánsTeófilo Mejuto Leis
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Chofer en Cee. En xaneiro de 1931 foi detido xunto co seu irmán Teófilo acusados de agredir a Francisco Casais Costa, empregado da Empresa de Automóviles Guillen.[1] Volveu ser detido en Corcubión en agosto de 1933 acusado de cambiar as cubertas dunha camioneta de Manuel Cambeiro.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por arrincar un bando escrito, xunto co seu irmán Teófilo e outros sindicalistas da Costa da Morte. Foi procesado e xulgado por rebelión militar na Coruña e condenado a 12 anos e un día de prisión. O 17 de xuño de 1937 foi trasladado desde a Prisión Provincial da Coruña ao penal do Forte de San Cristóbal, no monte Ezkaba, onde permaneceu encerrado ata o día 22 de maio de 1938, cando participou na fuga do penal. Foi un dos catros presos fuxidos asasinados no monte Ezkaba, nunha zona próxima a Berriozar coñecida como a Esparceta. A fosa da Esparceta foi exhumada pola Sociedad de Ciencias Aranzadi a iniciativa do concello de Berriozar o 18 de abril de 2015. En xuño de 2021 foron identificados os seus restos.[3]

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 8-1-1931, p. 7.
  2. La Voz de Galicia, 31-8-1933, p. 5.
  3. Identificados los restos de un preso gallego que participó en la Fuga de San Cristóbal

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar