Teófilo Mejuto Leis
Teófilo Mejuto Leis, nado en Cee en 1909 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1909 Cee, España |
Morte | 9 de decembro de 1936 (26/27 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | chofer , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Vicente Mejuto Leis |
Traxectoria editar
Chofer en Cee. En xaneiro de 1931 foi detido xunto co seu irmán Vicente acusados de agredir a Francisco Casais Costa, empregado da Empresa de Automóviles Guillen.[1] Afiliado á UGT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido xunto co seu irmán Vicente e outros sindicalistas da Costa da Morte. Foi procesado e xulgado por rebelión militar na Coruña e condenado a pena de morte. Foi fusilado na Coruña o 9 de decembro de 1936 con Norberto Recamán Lago, José Lago Fernández, Perfecto Trasmonte Costa, Jesús Chouza Figueiras, Florentino Canosa Barreiro, Manuel García Castiñeira, Domingo López Domínguez, Obdulio López Acea, Antonio Varela Sanjurjo, Ricardo López Acea, Antonio Barbeito Espiñeira, Máximo López Acea e Ramón López Amado.[2]
Notas editar
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Teófilo Mejuto Leis na páxina web Nomes e Voces.