Abrir o menú principal

Viaduto da Chanca

viaduto ferroviario sobre o río Chanca

O viaduto da Chanca sitúase no val homónimo sobre o río Chanca, que se forma grazas ás augas dos ríos Rato e do Fervedoira. É unha curiosa obra de enxeñería, construída para o paso do ferrocarril da liña A Coruña-Palencia. Ten unha lonxitude de 298 metros e 29 de máxima altura, con 20 arcos de medio punto peraltados, todos de 9,5 m. de luz, construídos en cadeirado de granito e xistos.

Viaduto da Chanca
Ponte do tren sobre o río Rato 6IV2016 02.JPG
Localización
Ríorío Chanca
ConcelloLugo
ProvinciaLugo
Características
Construción1874
Lonxitude298 m.
Gálibo29 m.
MaterialCadeirado de granito e xistos.

A súa construción levou tres anos, de 1871 a 1874, baixo a dirección do enxeñeiro Ángel G. del Hoyo e inaugurouse en maio de 1880. Rematadas as obras desta ponte, que constitúe unha das construcións ferroviarias máis importantes de España, chegou o primeiro ferrocarril á cidade de Lugo o 5 de outubro de 1875 procedente da Coruña.

Véxase taménEditar