O río Fervedoira é un afluente do río Rato que discorre polo nordeste do concello de Lugo.

Fervedoira
Río Fervedoira preto do barrio homónimo, en Lugo.
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaGalicia Galicia
NacementoOuteiro de Fompedriña, preto de Vilachá, Lugo.[1]
Altitude578 m
Lonxitude11,5 km
DesembocaduraRío Rato[2]
Altitude desembocadura394 m
Cadea fluvialRío Fervedoira,
Río Rato,
Río Miño
Conca do río Miño no territorio galego

Curso editar

Nace nas Carreciñas a 578 m de altitude, ó pé do Outeiro de Fompedriña, próximo á aldea de Vilachá, na parroquia de Labio, en Lugo [1]. Adéntrase na parroquia de Rubiás, onde recibe o rego de Vilariño pola marxe esquerda e o rego Abelairas pola marxe dereita [1]. Divide despois as parroquias de Pedreda e Santa María de Muxa, onde o cruza a autovía A-6 [1]. Finalmente aproxímase á cidade polo barrio de Galegos e desemboca no río Rato, que dende ese punto se coñece tamén como río da Chanca.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'48.0"N 7°28'38.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°00'52.4"N 7°32'43.7"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar