Viño do País Vasco

Mapa dos viños do País Vasco:
    A D.O. Navarra :      Behe Erribera ou
Ribeira Baixa
     Goi Erribera ou
Ribeira Alta
     Lizarraldea ou
Terra Estella
     Izarbeibarra ou
Valdizarbe
     Behe Mendialdea
ou Baixa Montaña
    Viños da Rioxa :      A D.O.C. Rioxa
Iroulegi :       Irulegiko Arnoa
O Chacolí :      De Áraba      De Biscaia      De Getaria

Os viños do País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko ardoak) esténdense, historicamente, polo País Vasco francés (ou Iparralde) e polo País Vasco español (ou Hegoalde). Ámbalas dúas posúen unha longa tradición vinícola, o cal se traduce nunha gran cantidade de denominacións de orixe e de características específicas en cada territorio.

Inicialmente foron os bitúrigos viviscos os que plantaron viñas na rexión entre a desembocadura de Xironda e os estribos pirenaicos. A abundancia de viñas salvaxes nos vales de Cantabria, do País Vasco ou do Bearne permitiulles escoller variedades específicas, coñecidas como pirenaico-atlánticas, e esta viticultura autóctona, excepcional en Europa occidental, non se debe á colonización romana.

Durante a Idade Media, as rutas de peregrinación cara a Santiago de Compostela, que converxían nesta zona, obrigaron aos monxes da abadía de Roncesvales, que xestionaban a hospedaxe dos peregrinos, a desenvolver os seus viñedos no priorado dende Irouléguy a Hondarribia. Daquela xa existían variedades próximas ás variedades actuais. É esta antiga variedade de uva, mesmo despois de certos cambios, a que aínda está presente nos viñedos do País Vasco, nas variedades Irouléguy, Rioxa, Txakoli e Navarra.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pierre Marcel Durquety; P. Robert (1973). Progrès agricole et viticole, ed. Un vignoble au pays d’Euskadi (en francés). Montpellier. 
  • R. Bourrouilh; J. Delfaud (1984). B.R.G.M., ed. Terroirs et Vins de France (en francés). ISBN 978-2715901063. 
  • Hugh Johnson (1990). Hachette Littérature, ed. Une histoire mondiale du vin (en francés). París. p. 478. ISBN 978-2010158674. 
  • Karen McNeil (26 de marzo de 2002). Workman Publishing, ed. The Wine Bible (en inglés). p. 904. ISBN 978-1563054341. 
  • Jancis Robinson (2 de outobro de 2003). BBC Books, ed. Jancis Robinson's Wine Course (en inglés) (3 ed.). p. 352. ISBN 978-0563488682. 
  • Jancis Robinson (21 de setembro de 2006). OUP Oxford, ed. The Oxford Companion to Wine. Oxford Companions (en inglés) (3 ed.). p. 840. ISBN 978-0198609902. 
  • Tom Stevenson (4 de outobro de 2005). Dorling Kindersley, ed. The Sotheby's Wine Encyclopedia (en inglés). p. 664. ISBN 978-0756613242. 
  • Catherine Fallis MS (2004). Globe, ed. The Encyclopedic Atlas of Wine (en inglés). p. 528. ISBN 978-1740480505. 
  • José Peñín (2000). Espasa-Calpe, S.A., ed. Diccionario Espasa del vino (en castelán). Pozuelo de Alarcón. p. 832. ISBN 84-239-9454-6. 
  • Jaume Fabregas (2006). Metopoli, ed. Las Rutas del Vino en España. País Vasco Y Rioja Alavesa (en castelán). ISBN 978-3793994831. 
  • Luis Tomas Melgar Gil (30 de decembro de 2008). Editorial Libsa Sa, ed. La enciclopedia del vino (en castelán) (3 ed.). p. 256. ISBN 978-8466214513. 
  • Luis Tomas Melgar Gil (8 de maio de 2006). Editorial Bruno, ed. Rioja Bodegas y Vinos (en castelán). ISBN 978-8434505032. 
  • Lourdes Odriozola Oyarbide (30 de decembro de 2008). Ggipuzkoako Foru Aldundia, ed. Ardoa gipuzkoan (en éuscaro). p. 256. ISBN 978-84-7907-465-4.