Vespa (xénero)

xénero de insectos himenópteros

Vespa é un xénero de insectos himenópteros eusociais da suborde dos apócritos, que é o tipo da superfamilia dos vespoideos, e da familia dos véspidos.[1]

Comprende vinte e dúas especies, coñecidas popularmente como avespas e abázcaros ou abellóns, que están repartidas sobre todo pola Asia tropical e temperada, aínda que tamén ocupan de forma natural Europa e o norte de África.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero foi descrito por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[2]

Etimoloxía

editar

O nome científico Vespa tomonuno Linneo de latín vespa, "avespa".[3]

Especies

editar

Recoñécense as seguintes:[4]

Especies fósiles

editar

Características

editar

Son avespas marróns ou negras e amarelas que constrúen niños de papel en forma de pelota en árbores, edificios ou baixo terra. Para fabricar o papel co que fan o niño, as avespas mastigan as fibras da madeira morta e forman unha pasta. Unha raíña soa comeza a construír o niño, pero pronto cede o traballo a un número crecente de obreiras. Os niños poden albergar até cinco mil obreiras e teren un diámetro de 80 cm. As obreiras morren en inverno, pero novas raíñas sobreviven até a primavera seguiente.

Especies invasoras

editar

En tempos recentes producíronse introducións accidentais dalgunhas especies: unha especie europea, o abázcaro (Vespa crabro), estendeu a súa área de dispersión a Norteamérica,[5] e dúas de Asia tropical, Vespa velutina e Vespa bicolor establecéronse en Europa; a primeira delas é a especie alóctona que máis problemas causou.[6]

Imaxes

editar
  1. Vespa Linnaeus, 1758 no ITIS.
  2. Carpenter, J. M. & Kojima, J. (1997): "Checklist of the species in the subfamily of Vespinae (Insecta, Hymenoptera, Vespidae)". Nat. Hist. Bull. Ibaraki Univ., 1: 51-92.
  3. Vespa no Online Etymology Dictionary.
  4. A. H. Smith-Pardo, J. M. Carpenter & L. Kimsey (2020): "The diversity of hornets in the genus Vespa (Hymenoptera: Vespidae; Vespinae), their importance and interceptions in the United States". Insect Systematics and Diversity 4 (3): 1-27.
  5. "vespa-crabro.de". Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  6. Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto, por el que se regula el Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos

editar