Un vertedoiro[1], ou vertedeiro[2], é un recipiente, tradicionalmente unha pía de pedra e sen billa e nas cociñas modernas xeralmente metálica que pode ter máis dunha pía, destinado a conter auga ou calquera outro líquido e que serve para lavar a vaixela, cubertos, canecas, cuncas etc.

Un vertedoiro antigo nun hotel de Rennes (Francia).

Actualmente, os vertedoiros dispoñen dunha ou dúas billas ou unha billa termostática de onde brota a auga, fría ou quente, que a miúdo se poden xirar. Posúe dúas ou máis zonas, das cales unha pódese destinar a enxaboar os pratos e a outra para a enxaugadura. Ao carón ou enriba adoita haber un escorredoiro.

Tipos e materiais editar

Os materiais máis habituais que se usan para fabricar os vertedoiros son: aceiro inoxidábel (material popular presente na meirande parte de cociñas actuais), aceiro esmaltado, cerámica (ideal para recrear certos ambientes rústicos), mármore (confírelle ao vertedoiro unha connotación de alta gama), arenita (material resistente e duradeiro, o deseño do cal pódese combinar co do azulexo), compostos ou outros materiais sintéticos de gran resistencia.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Vertedoiro.
  2. Forma menos recomendable: Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Vertedeiro.