Un escorredoiro[1] é un estante de cociña deseñado para que sequen os pratos, vasos, cubertos e outros utensilios unha vez lavados. Polo xeral está situado ao carón do vertedoiro.

Pratos nun escorredoiro de aceiro inoxidábel.

Características editar

A meirande parte dos escorredoiros teñen rañuras e espazos para soster os pratos de pé e espazos onde colocar vasos boca abaixo co fin de proporcionar unha drenaxe axeitada.

Anteriormente adoitaban ser de madeira con tipos moi variados de deseños. Había un moi típico de Cataluña, que consistía nun marco groso de madeira cunha serie de cortes paralelos (en 90° para montaxe horizontal ou 4 ° para montaxe vertical), dun tamaño que coubese horizontalmente sobre a pila de lavar os pratos ou ben verticalmente na parede do lado. Empregábase de armario pois os pratos deixábanse alí, mesmo despois de secar, tapados con trapos de cociña.[2]

Nos últimos anos fabricáronse principalmente de aceiro inoxidábel (pregábeis ou non) cunha placa colectora de auga na base (para non mollar a mesa soporte). Atópanse tamén de materiais máis lixeiros, por exemplo de plástico.

Dentro da gran variedade de modelos pregábeis feitos con todo tipo de materiais e deseños, destaca pola súa simplicidade un escorredoiro de gran difusión feito con listóns de madeira e popularizado por certos grandes almacéns escandinavos. Está feito por múltiples listóns paralelos unidos polos seus extremos con catro listóns transversais, facendo dous grupos (tódolos pares e tódolos impares, alternativamente), e que xiran respecto a un eixe que atravesa o seu punto medio, ata ficar abertos en forma de cruz de Santo André.

A resistencia do metal e do plástico permite que algúns escorredoiros feitos destes materiais teñan uns ganchos onde se poden colga-los vasos boca abaixo para que escorra ben a auga, cando non se queren pór no lavalouza. Poden ter mesmo un receptáculo para pór os cubertos.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Escorredoiro.
  2. Pedro Carbonero Cano (2005). Léxico del habla culta de Sevilla. Universidade de Sevilla. pp. 176–. ISBN 9788447208951. Consultado o 20 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar