Caneca
recipiente cunha asa para tomar líquidos
Unha caneca[1] é unha variedade de recipiente semellante a un vaso, mais cun saliente chamado "asa". Ao contrario da cunca, que ten a base inferior máis pequena que a abertura superior, a caneca ten xeralmente forma cilíndrica. Diferéncianse das xerras principalmente polo seu menor tamaño e a ausencia de bico.
Función
editarA caneca é un recipiente resistente, destinado para almacenar líquidos en temperaturas elevadas, como café, té, chocolate quente ou leite. Hoxe en día é común tamén un tipo de caneca, feita de vidro, destinada principalmente ao consumo de cervexa.
Materiais
editarAs canecas son feitas tradicionalmente de cerámica, mais hoxe en día existen canecas de vidro resistente a choques térmicos, de plástico ou de metais, como aceiro e aluminio.
Notas
editar- ↑ Ver a definición de caneca Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da Real Academia Galega.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caneca |