Capital One Arena
O Capital One Arena é un pavillón multideportivo e unha zona de entretemento situado en Washington, D.C., Estados Unidos. O seu nome provén do seu principal patrocinador, a empresa de bancos Capital One. Dende a súa inauguración en 1997 até 2006 denominouselle MCI Center, outra empresa de telefonía que foi adquirida pola anterior. Popularmente chámaselle tamén a Cabina de teléfonos, pola súa relación có mundo da telefonía Verizon de 2006 a 2017.
Capital One Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 38°53′53″N 77°01′15″O / 38.898055555556, -77.020833333333 |
Localización | Washington, D.C., Estados Unidos |
Construción | |
Inauguración | 2 de decembro de 1997 |
Arquitecto | Ellerbe Becket |
Estadio | |
Capacidade | Baloncesto NBA: 20.173 Hóckey sobre xeo: 18.277 |
Propietario | Ted Leonsis e Washington, D.C. |
Localía | Washington Wizards (NBA) (1997-presente) Washington Mystics (WNBA) (1998-presente) Washington Capitals (NHL) (1997-presente) Georgetown Hoyas (NCAA) Washington Power (NLL) (2001-2002) |
Web | http://CapitalOneArena.com |
Eventos | |
NBA All-Star Weekend (2001) Torneo da Atlantic Coast Conference (ACC), (2005) | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO pavillón abriu as súas portas o 2 de decembro de 1997, na zona do Chinatown da capital estadounidense. Veu eemplazar ao US Air Arena, que se atopaba nas aforas da cidade. O Capital One Arena foi o catalizador da xentrificación do barrio chinés capitalino, o que forzou a moitos pequenos comercios chineses a pechar as súas portas, algo que provocou fortes polémicas entre a poboación oriental da capital.
Capacidade
editarA capacidade total do Capital One Arena é de 20.173 espectadores para partidos de baloncesto, que se reduce a 18.277 cando se utiliza como pista de Hóckey sobre xeo ou para partidos de lacrosse.
Equipos
editarO pavillón é compartido polos seguintes equipos:
Eventos
editarAo longo da súa curta historia albergou numerosos eventos, algúns sen relación co deporte, como o circo Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus ou infinidade de concertos. No deportivo, o máis salientable é:
- World Championship Wrestling (WCW), 1997-2000
- Torneo de baloncesto da NCAA, primeira e segunda rolda, 1998, 2002 e 2008
- Torneo de baloncesto da NCAA, finais rexionais, 2006
- World Wrestling Entertainment (WWE), 2000, 2005, 2007
- NBA All-Star Game, 2001
- WNBA All-Star Game, 2002 e 2007
- Campionato do Mundo de Patinaxe, 2003
- Torneo de baloncesto masculino da Atlantic Coast Conference (ACC) , 2005
Galería
editar-
Partido de hóckey dos Washington Capitals
-
Capital One Arena nun partido de Washington Wizards
-
Entrada ao pavillón
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capital One Arena |