Alisio

vento que percorre a franxa ecuatorial
(Redirección desde «Vento alisio»)

Os alisios son ventos que percorren a franxa ecuatorial e sopran de maneira relativamente constante no verán e algo menos no inverno, en dirección de nordeste a suroeste no hemisferio norte, e de sueste a noroeste no hemisferio sur.

Circulación xeral na atmosfera terrestre. A célula de Hadley subtropical, a célula de Ferrell e a célula polar. Os ventos alisios proveñen das latitudes subtropicais, sopran en dirección ó ecuador e son desviados cara ao oeste polo efecto da rotación terrestre.

Características

editar

Circulan entre os trópicos, dende os 30-35º de latitude cara ao ecuador. Diríxense dende as altas presións subtropicais, cara ás baixas presións ecuatoriais. O movemento de rotación da Terra desvía aos Alisios cara ao oeste, e por iso sopran do nordés ao suroeste no hemisferio norte e do sueste cara ao noroeste no hemisferio sur. As épocas nas que os alisios sopran con menor intensidade constituían un perigo para os primeiros viaxes de veleiros cara ao continente americano formándose épocas de calma do vento que impedían avanzar aos veleiros.

No ecuador prodúcese un ascenso masivo do aire quente, orixinando unha zona de baixas presións que vén sendo ocupada por outra masa de aire que proporcionan os alisios. As masas de aire quente que ascenden, vanse arrefriando paulatinamente e diríxense a bastante altura en sentido contrario aos alisios, cara ás latitudes subtropicais, de onde proceden estes. Os ventos alisios forman parte da circulación de Hadley que transporta a calor dende as zonas ecuatoriais ata as subtropicais substituíndo o aire quente por aire máis frío das latitudes superiores. A rotación terrestre é a que produce a desviación cara a poñente destes ventos, desviación que se coñece como a forza ou efecto de Coriolis, cuxo nome procede de Gaspard Coriolis, un científico francés que describiu os mecanismos deste proceso.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar