Vegard Opaas
Vegard Opaas, nado o 11 de novembro de 1961 en Oslo, é un antigo saltador de esquí noruegués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1962 (62 anos) Oslo, Noruega |
Altura | 175 cm |
Peso | 67 kg |
Actividade | |
Ocupación | saltador de esquí |
Deporte | Salto de esquí |
Participou en | |
febreiro de 1988 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1988 |
1984 | Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 |
Traxectoria
editarComezou a participar na Copa do Mundo en 1982 e conseguiu a súa primeira vitoria en 1983. Participou nas Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 en Saraxevo obtendo un oitavo posto en trampolín curto individual. Foi o primeiro noruegués en vencer, en 1987, na clasificación final da Copa do Mundo de Salto de Esquí. Nese ano tamén gañou tres medallas nos Campionatos do Mundo de Esquí Nórdico en Oberstdorf, dúas pratas (trampolín grande individual e por equipos) e un bronce (trampolín curto individual). Retirouse da competición en 1990.