Veda (prohibición)

A veda é a prohibición de cazar ou pescar certas especies de animais terrestres ou acuáticos nun sitio ou nunha época determinados.[1] Por extensión denomínase tamén veda ao período de tempo que dura a prohibición de cazar ou de pescar.[1]

Características editar

A súa finalidade é a de permitir que ocorra o ciclo de reprodución da especie e a recuperación das súas poboacións.[2]

Realizada cada ano, e normalmente no mesmo período, as vedas demostraron seren efectivas para a recuperación dos recursos. Ademais, o seu establecemento por parte das autoridades e o seu acatamento por parte de cazadores, pescadores, comerciantes e consumidores, produce múltiples beneficios para cada un deles, así como para os ecosistemas e a conservación do recurso.[2]

Os períodos de veda de poden variar coa especie a protexer, a temporalidade de prohibición e as rexións onde se establece.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para veda..
  2. 2,0 2,1 WWF. "¡La veda nos conviene a todos!". www.wwf.org.co (en castelán). Consultado o 23 de decembro de 2020.