Vasumitra

monxe budista do século II


Vasumitra (sánscrito: असुमित्र; IAST: Vasumitra; chinés tradicional: 婆須蜜多; pinyin: Póxūmìduō; xaponés: 世友; Hepburn: Seiyū) foi un monxe budista da escola Sarvastivada, que viviu durante o século II. Nado en Gandhāra, presidiu o Cuarto Concilio Budista de Kaṣmir, administrado por Kanishka I. Contribuíu ao Mahāvibhāṣā.[1]

Infotaula de personaVasumitra असुमित्र

Estatua de Vasumitra (1794), Templo Tây Phương (Vietnam)
Biografía
NacementoSéculo II
Gandhāra
Zen Patriarch (en) Traducir

← Micchaka (en) TraducirBouddhanandi (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónBudismo
Actividade
OcupaciónMonxe, filósofo
MovementoEscola Sarvastivada

Biografía editar

Vasumitra foi o oitavo patriarca do zen.[2] Segundo a tradición da escola sōtō zen, viaxou por diversas vilas divulgando a súa doutrina, asubiando e bailando, polo que a xente o considerou un tolo.[2] O monxe dedicou moitos esforzos ao estudo dos textos sagrados do budismo, en especial o Tripitaka.[3] Foi un dos redactores do Mahāvibhāṣā.[1]

Pensamento editar

Vasumitra propuxo que os dharmas existen no pasado e no futuro, así coma no presente, unha idea típica da escola Sarvastivada. Segundo a súa tese, os dharmas están nun estado latente no futuro, até que adquiren eficiencia causal (karitra) no presente, entrando en relacións funcionais con outros fenómenos. Cando este momento remata, os dharmas volven a entrar nun estado latente que coñecemos como pasado. A teoría da temporalidade de Vasumitra impúxose sobre outras alternativas, como as dos monxes Dharmatrāta, Ghoṣa ou Buddhadeva.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Vasumitra - The Sokka Gakkai Buddhism Dictionary". Nichiren Buddhism Library (en inglés). Consultado o 08/12/2023. 
  2. 2,0 2,1 Keizan (2002). Transmission of Light: Zen in the Art of Enlightenment by Zen Master Keizan (en inglés). Shambhala Publications. ISBN 9781570629495. 
  3. "Vasumitra - Tibetan Buddhist Encyclopedia". tibetanbuddhistencyclopedia.com. Consultado o 2023-12-08. 
  4. Keown, Damien (2004-01-01). Vasumitra (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-860560-7. doi:10.1093/acref/9780198605607.001.0001/acref-9780198605607-e-1982. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Keizan (2002). Transmission of LIght: Zen in the Art of Enlightenment by Zen Master Keizan. Tradución ao inglés de Thomas Cleary. Shambhala Publications.

Ligazóns externas editar