Vasily Yuksern, nado como Vasily Stepanovich Stolyarov o 13 de xaneiro de 1918 en Kugusola e finado o 28 de agosto de 1998 en Sidorovo, foi un xornalista e escritor mari.

Infotaula de personaVasily Yuksern
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Medvedevsky District, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1998 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Iochkar-Ola, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , prosista , figura pública , xornalista , crítico literario Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1939 Editar o valor em Wikidata - 1998 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, novela curta, conto, tradución, artigo e novela curta Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioВасилий Юксерн Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa e Lingua mari Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia labrega nunha aldea do distrito de Medvedevsky[1]. Estudou na súa aldea natal e logo na cidade e en 1932 logo da morte de seu pai deixou a escola para traballar na granxa. Así e todo, ingresou no Instituto Técnico o ano seguinte e de 1935 a 1940 estudou no Instituto Pedagóxico Estatal de Mari e despois foi secretario do comitñe rexional mari do Komsomol. Mobilizado en 1940 no Exército Vermello, pertenceu ao departamento político da súa división e foi tamén redactor do seu periódico, loitou cos xaponeses en 1945 en Sakhalin e rematou a guerra como subtenente. En 1946 ao volver a Mari traballou na editorial estatal de Mari. Foi editor xefe dende 1954 ata 1961 da revista Onchyko e xefe de redacción do periódico Mari kommuna de 1961 a 1964 e a partir de 1964 traballou na televisión mari ata 1967 ao asumir o posto de redactor xefe da revista Pachemysh. Entre a súa actividade política salientou como membro do Consello Supremo da RSSA dos Maris (1975-1980) e do seu presidium (1980-1985).

Actividade literaria editar

Comezou a escribir a finais da década de 1930 vertendo ao mari a novela de Nikolai Ostrovski, Rozhdonnyye burey e pezas teatrais de Nikolai Gogol, Alexander Ostrovsky e Anatoli Sofronov entre outros. Tras a guerra dedicouse á crítica literaria, e publicou en 1960 libro recollendo artigos sobre importantes figuras da literatura mari.

En 1949[2] publicou a narración de aventuras militar para rapaces Atamanshi, cun carácter patriótico a acción desenvólvese durante a segunda guerra mundial na illa Sakhalin, foi popular na súa época e traduciuse  a diversas linguas da antiga Unión Soviética.  Na mesma liña seguíronlle: Volgaltshash lishan, Aydemat shuldyran ou Ilenyt kok yoltash. Tamén escribiu novelas baseadas na historia recente ou en biografías de personaxes relevantes como Vüdshö yoga – serzhe kodesh, sobre a infancia e mocidade do agrónomo mari Vasily Mosolov Küsle, sobre o ano da fame - 1921- nunha vila mari ou Charla.

Obras editar

  • Атаманыч. Yoshkar-Ola, 1963. 
  • Волгалтшаш лишан : ойлымаш-влак. Yoshkar-Ola, S. 1964, relatos
  • Чоя рывыж. Yoshkar-Ola, 1965, peza teatral infantil
  • Илыш йыжынан Yoshkar-Ola, 1967.
  • Онар: марий легенда-влак. Yoshkar-Ola, S. 1968, relato baseado na mitoloxía mari
  • Кÿрылтшö повесть. Yoshkar-Ola, 1970, relatos.
  • Вÿдшö йога — серже кодеш. Yoshkar-Ola. 1975, novela.
  • Кÿсле. Yoshkar-Ola,  1978, novela.
  • Кас ÿжара. Yoshkar-Ola, 1983, novela.
  • Ойпого: ойырен налме произведений-влак. Yoshkar-Ola, 1989, obras seleccionadas
  • Чарла Yoshkar-Ola. 2 vol., novela-crónica:
    • Шем пыл шула, 1992
    • Кече лектеш. 1993.
  • Нигӧ ок мондалт, нимо ок мондалт : шарнымаш, очерк, публицистика. Yoshkar-Ola, 1994, memorias.

Notas editar

  1. Галина Егоровна Беспалова, Ким Кириллович Васин, Гельсий Зайниевич Зайниев (1988) Писатели Марийской АССР: биобиблиографический справочник Марийское книжное изд-во, p. 353
  2. М. З. Васютин, Л. А. Гаранин et al. (2009) Энциклопедия Республики Марий Эл Галерия, p. 737