Vasilii Ledkov

(Redirección desde «Vasilii Nikolaevich Ledkov»)

Vasilii Nikolaevich Ledkov, nado na tundra o 16 de decembro de 1933[1] e finado en Arkhangelsk o 7 de marzo de 2002, foi un tradutor e escritor nenets, un dos meirandes literatos en lingua nenets.

Infotaula de personaVasilii Ledkov
Biografía
Nacemento16 de decembro de 1933 Editar o valor em Wikidata
Bol'shezemel'skaya Tundra, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 2002 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Arcangel, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor em Wikidata
LinguaNenets (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia nómade de pastores de renos na tundra, na rexión de Bolšezemelskaia. Dende 1942 estudou na escola da aldea de Chornaia, e logo na de Varandei. Deixou a escola durante varios períodos polo que non a rematou ata 1951. Nese ano marchou a Leningrado para asistir durante tres anos a cursos preparatorios. En 1959 graduouse no Instituto Pedagóxico A. I. Herzen e volveu ao territorio dos Nenets, traballando como  profesor e máis tarde no periódico provincial Narjana Wbnder. Nesta época comezou a escribir poemas que se publicaron nos periódicos Narjana Wbnder e Pravda Severa,  no almanaque Literaturnyy Sever e mais nas revistas Zvezda, Ogoniok ou Sibirskie Ogni. Tamén publicou traducións ao nenets de clásicos rusos como Pushkin, Mikhail Lérmontov ou Sergei Esenin. En 1960 saíu do prelo o seu primeiro libro, Ңesyn ter'ңatsekeche, un libro de poesías infantís no que reflicte o seu amor pola súa terra natal. Un ano máis tarde, en colaboración con Alexei Pickov publicou a colección de poemas en ruso Daleko Serne moia zhivet. En 1962 entrou na Unión de Escritores da URSS.

Entre os anos 1962 e 1965 realizou os altos estudos literarios da Unión de Escritores Soviéticos no Instituto de Literatura A. M. Gorky de Moscova. Daquela escribiu a novela autobiográfica "Sineva v arkane" e de volta ao territorio nenets publicou diversas coleccións poéticas en nenets como Юдабэй я, así como novelas e relatos. A partir de mediados da década de 1970 as editoriais publicaron as súas obras en ruso, orixinais ou traducidas do nenets, pero case non publicou en nenets ata a caída da Unión Soviética.

A súa última obra é a tradución ao nenets lingua da épica "Kalevala", que apareceu parcialmente en revistas pero non se publicou en libro[2].

Notas editar

  1. "Василий Николаевич Ледков", writers.aonb.ru
  2. Laptander, Roza e M. Lublinskaia (2015). "A short introduction to the Nenets literature". Rodnye yazyki. 1(3), pp. 28-44