Varnos

pobo xermánico

Os varnos ou varinos (en latín: varini) foron unha tribo xermánica que ocupaban unha provincia ao norte da Xermania, non lonxe da costa do mar Báltico. Pode que a súa orixe sexa no sur da rexión escandinava Värend, e terse asentado na Alemaña setentrional.

A situación das diferentes tribos xermánicas no século I. Os varnos veñen representados ao nordeste como varini.

Tácito que os sitúa como suevos chámalles varini, Plinio o Vello que os asocia aos vándalos chámalles varinnae, e Tolomeo que os localiza entre os ríos Caluso e Sebo, noméaos viruni. Presuntamente o seu nome significa ou "defensores" ou "vivindo á beira do río".

Segundo Xordanes: Aguiúlfo, gobernador do Reino Suevo de Galicia, era pertencente a esta tribo.