Vanth, oficialmente (90482) Orcus I Vanth, é o único satélite natural que se lle coñece ó plutino é moi posiblemente planeta anano Orcus. Foi descuberto por Mike Brown e T.-A. Suer usando imaxes tomadas polo Telescopio Espacial Hubble o 13 de novembro do 2005.[2] O seu descubrimento foi confirmado o 22 de febreiro do 2007 na circular 8812 da UAI.[3]

Vanth
Orcus e Vanth.
Descubrimento e clasificación
Descuberto por Mike Brown e T.-A. Suer
Descuberto o 13-11-2005
Nome no Mpc (90482) Orcus I Vanth
Nomes alternativos S/2005 (90482) 1,
Orcus I
Características orbitais[1]
Eixo semi-maior 8.980 ± 20 km
Excentricidade <0,0036
Período orbital 9,5393 ± 0,0001 d
Inclinación 73° ou 109°
Satélite de Orcus
Características físicas
Radio medio 140–190 km
Período de rotación Posiblemente sincrónico ?
Tipo espectral moderadamente vermello
(no espectro visible)[1]
Magnitude aparente 21,97 ± 0,05[1]
Magnitude absoluta 4,88 ± 0,05[1]

Órbita editar

A lúa orbita Orcus "nun círculo case perfecto", cunha período orbital de case 10 días.[4] Brown sospeita que coma no caso de Plutón e Caronte, Orcus e Vanth están ancorados gravitacionalmente.[4]

Propiedades editar

Vanth foi atopado a só 0,25 arcsec respecto de Orcus, cunha diferenza na magnitude absoluta de 2,7±1,0.[2] As estimacións feitas por Mike Brown no 2009 indican que a magnitude aparente de Vanth é de 21,97 ± 0.05, o cal significa que é 2,54 ± 0,01 magnitudes menos brillante cá Orcus.[1] Isto suxire que ten un diámetro duns 280 km ou o que é o mesmo, que ten un diámetro 3,2 veces máis pequeno có seu primario, asumindo que teñan albedos semellantes.[1] Pensase que a diferenza de cores entre Orcus (neutral) e Vanth (vermello), suxire que está última podería ter un albedo dúas veces menor có de Orcus,[1] polo tanto Vanth podería ter máis de 380 km de diámetro, cun Orcus que estaría nos 860 km de diámetro.[1] A masa de Vanth tamén depende do albedo que posúa, a cal pode variar entre o 3% ó 7,5% da masa total do sistema.[1]

O satélite non semella ser coma outros satélites que teñen a súa orixe nun evento de colisión, xa que o seu espectro é bastante diferente en relación có do seu primario, o cal podería indicar que foi un obxecto do cinto de Kuiper capturado.[4]

Nome editar

Unha vez descuberta, Vanth recibiu a designación provisional de S/2005 (90482) 1. O 23 de marzo do ano 2009, Brown pediulles ós lectores da súa columna semanal que suxerisen posibles nomes para a lúa, o mellor deles seríalle enviado á Unión Astronómica Internacional (UAI) o 5 de abril do mesmo ano.[4] O nome de Vanth provén dunha deusa da mitoloxía etrusca que guiaba as almas dos mortos ó inframundo e foi escollido entre unha manchea de suxestións. Vanth foi a única proposta puramente etrusca, foi a suxestión máis popular e foi suxerida en primeira instancia por Sonya Taaffe.[5] Está suxestión foi avaliada e aprobada pola UAI nunha circular emitida 30 de marzo do 2010.[6]

A etrusca Vanth é frecuentemente asociada coa compañía de Caronte, así mesmo tamén o sistema de Orcus (alcumado o "anti-Plutón" por culpa da resonancia que posúe con Neptuno, o que fai Orcus sempre estea mirando cara oposta do Sol, respecto da que está mirando Plutón) e Vanth é comparado co sistema de Plutón. Brown citou tamén a Taaffe cando dicía que Vanth "acompañaba as almas dos mortos dende o momento da súa morte ata a súa viaxe ó inframundo, do mesmo xeito que a súa cara sempre miraba cara Orcus", unha referencia á posible órbita sincrónica de Vanth respecto de Orcus.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Brown, M.E.; Ragozzine, D.; Stansberry, J.; Fraser, W.C. (2010). "The size, density, and formation of the Orcus-Vanth system in the Kuiper belt". The Astronomical Journal 139 (6): 2700–2705. Bibcode:2010AJ....139.2700B. arXiv:0910.4784. doi:10.1088/0004-6256/139/6/2700. 
  2. 2,0 2,1 Daniel W. E. Green (22-02-2007). International Astronomical Union Circular, ed. "IAUC 8812: Sats OF 2003 AZ_84, (50000), (55637),, (90482)". Consultado o 04-07-2011. 
  3. Wm. Robert Johnston (04-03-2007). Johnston's Archive, ed. "(90482) Orcus". Consultado o 26-03-2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Michael E. Brown (23-03-2009). Mike Brown's Planets (blog), ed. "S/1 90482 (2005) precisa da túa axuda". Consultado o 25-03-2009. 
  5. 5,0 5,1 Michael E. Brown (2009-04-06). "Orcus Porcus". Mike Brown's Planets (blog). Consultado o 2009-04-06. 
  6. minorplanetcenter.org, ed. (2010). "Minor planet circular" (PDF). Consultado o 08-08-2010.