Vantaxes cognitivas do bilingüismo

Historicamente, o bilingüismo pensouse como algo que ía en detrimento das habilidades cognitivas e lingüísticas dun pícaro. Evidencias máis recentes suxiren que o bilingüismo pode de feito subministrar un conxunto de beneficios cognitivos, e pode realzar a alfabetización.

Antigos conceptos erróneos

editar

Antigas procuras suxeriron que a aprendizaxe de dúas linguas na nenez ía en detrimento das habilidades cognitivas dun neno.[1] Isto era deducido debido á idea de que as dúas linguas eran aprendidas de xeito independente, non transferindo o coñecemento da aprendizaxe dunha a outra. Así, unha maior aprendizaxe dunha restaba tempo e capacidade para a aprendizaxe da outra, tendo unha necesidade de traballo total para cada unha. Así, pais e profesores tendían a facer fincapé na aprendizaxe dunha soa lingua en principio.

O consenso entre lingüistas, e a tendencia da opinión pública hoxe, leva ó oposto, mentres a idea de que a aprendizaxe dunha lingua é independente da aprendizaxe doutra é rexeitada por moitos como irracional. Así, por exemplo, un neno que aprendeu o concepto de engadir e minguar nunha lingua non necesitaría a re-aprender o concepto noutra lingua. De igual xeito, un neno que aprendeu a recoñecer que a lingua falada pode ser partida en palabras, representables na escrita, non necesita ser re-ensinado na idea de que a escritura representa a lingua falada.

Procesado da linguaxe, estrutura e idade

editar

Unhas poucas teorías tentan explicar a organización léxica nos individuos bilingües. Os modelos de almacenaxe separada reclaman que hai léxicos diferentes para cada lingua, conectados a nivel semántico. En contraste, os modelos de almacenaxe común chaman a atención sobre un único léxico colectivo e un sistema de memoria semántica traballando nos bilingües, e que as verbas en ambas as linguas son gardadas neste sistema e conectadas directamente de xeito conxunto. A evidencia máis común, de acordo con Harley, soporta a segunda hipótese, pero unha terceira posibilidade tamén indica que algúns individuos (senón todos) usan unha mestura de ambos, común e separado, mecanismos de lembranza. Algúns estudos teñen determinado que verbas coa mesma raíz, significado e aparencia en diferentes linguas, verbas concretas e verbas culturalmente semellantes actúan como se estivesen gardadas nun espazo común, mentres verbas abstractas aparecen como colocadas en diferentes lugares de lembranza.

A idade de adquisición da segunda lingua parece xogar un papel determinante en relación coa representación mental e o acceso ás palabras, cos aprendices tardíos tendendo a ter léxicos separados mediatizados ó nivel conceptual (mentres o corpo dos aprendices temperás está mesturado nun espazo semellante máis a miúdo). Asemade, a aprendizaxe tardía está emparellada coa redución de habilidades produtivas na linguaxe: a procura por verbas ou nomes vólvese máis consumidora de tempo e dificultosa, e entón o acceso léxico vólvese máis problemático. Estas relacións coa comprensión lingüística e a produción son en certo grao un produto normal da idade, e están polo tanto presentes asemade nos monolingües, pero son sinxelamente máis pronunciados nas expresións dos bilingües na lingua secundaria (Bialystok 2009).

A controversia anterior é especialmente significante porque un asunto de interese principal é o como os bilingües preveñen as linguas contra a interferencia das outras. Foi suxerido que, durante unha conversa nunha lingua particular, os parlantes usan información de baixo nivel para bloquear verbas na lingua que non se está a usar, polo que o significados das verbas na outra lingua non son activados (e polo tanto, a semántica das verbas da outra lingua é activada de xeito abundante, pois parece que esta activación semántica non é o uso máis económico da enerxía).

En termos da estrutura do cerebro, tense suxerido que, debido a que o hemisferio cerebral dereito está relacionado coa adquisición da segunda lingua, a lingua non está representada de xeito asimétrico en bilingües como o está en monolingües, nos que a información da lingua é confinada de xeito maioritario no hemisferio esquerdo. De feito, os bilingües con danos no hemisferio dereito tenden a amosar dun xeito significativo máis afasia que os monolingües. (Harley 2008)

A falta de asimetría na representación bilingüe da lingua no cerebro é especialmente prominente nos aprendices tardíos. Mentres a información léxica tanto dos aprendices temperáns como dos tardíos tende a ser organizada de xeito semellante no cerebro, estudos de imaxe suxiren que a adquisición a un tempo tardío crea unha variación en como son organizados os aspectos gramaticais da segunda lingua (ou sexa, unha adquisición tardía sitúa a gramática da lingua segunda de xeito separado á información da gramática da primeira).

Non obstante, a adquisición da segunda lingua sempre implica unha reestruturación do banco de coñecementos da lingua dos aprendices, e segue unha curva en forma de U: de xeito inicial, a aprendizaxe é boa e rápida, cun decline en consecucións posterior, antes de conseguir o pleno manexo.

Efectos destacados nos nenos

editar

Cando un neno é fluente en dúas linguas, coñece máis dunha verba para o mesmo obxecto ou concepto. Investigacións en curso levan a pensar que isto pode sumar flexibilidade cognitiva ó neno. As diferentes connotacións e ideas arredor dunha palabra en diferentes linguas coñecidas polo neno permítelle construír un coñecemento máis complexo da verba a unha idade máis nova.

No seu libro Noutras verbas" (In Other Words),[2] Ellen Bialystok e Kenji Hakuta examinan a idea de que "o coñecemento de dúas linguas é maior que a suma das súas partes." Argúen que os beneficios de ser bilingüe van moito máis aló do mero coñecer dúas linguas. Debido a que as estruturas e ideas de dúas linguas son tan diferentes, iso forza ó cativo a pensar de xeito máis complicado que se estivese aprendendo só unha. Entre os beneficios da adquisición da lingua está o aumento do manexo metalingüístico, isto é, unha maior sensibilidade á lingua en xeral e un maior control do significado e estrutura na lingua.[3] Unha razón do por que se especula que isto é certo é que os nenos multilingües reciben unha maior entrada de tipo lingüístico, requirindo unha maior achega de análise lingüística por parte do neno.

Atopouse que os nenos bilingües teñen máis habilidade que os monolingües para ler sutís claves referenciais en situacións sociais. Crese que a causa é que os cativos en contornas de dúas linguas necesitan ser capaces de ter un mellor contexto comunicativo para coñecer de xeito completo o significado do que a persoa está dicindo. Unha maior sensibilidade para referencias claves e xestos pode ser asemade ligado a control de inhibicións.[4]

Doutro xeito, Cummins suxeriu que se L1 (a primeira lingua aprendida) non acadou un certo nivel de competencia, o neno pode desenvolver "semi-lingüismo" ou "bilingüismo limitado", unha situación de baixa competencia lingüística en varias linguas aprendidas, en comparación cos nenos monolingües.[5]

Mentres o bilingüismo ten sido considerado en xeral un beneficio cognitivo, algúns estudos suxiren que pode haber efectos negativos no progreso cognitivo académico. De acordo con Cummins, é posible explicar "os resultados negativos destes estudos como asociados a minorías lingüísticas, nas que a lingua minoritaria foi substituída nalgún sentido pola socialmente dominante, mentres que os estudos que atoparon un efecto positivo foron asociados cun 'bilingüismo aditivo,' unha situación na que nenos coa linguaxe maioritaria adquiren unha segunda lingua."[6]

Oller e outros (1997) atoparon que non hai diferenzas cognitivas entre nenos medrados en contornas monolingües ou bilingües. No estudo, os balbuceos canónicos e a mellora vocal (o comportamento é ligado ó desenvolvemento da fala) teñen ocorrido a idade semellante nos dous grupos. Isto suxire que contornas monolingües ou bilingües teñen un efecto pequeno no desenvolvemento da fala durante o primeiro ano de vida [7]

A controversia en relación ó impacto do multilingüismo en nenos é continuo, con moitos investigadores criticando a noción de "semi-lingüismo".[8] As baixas competencias dalgúns nenos poden ser atribuídas en moitos casos non á adquisición simultánea de varias linguas, senón ó impacto doutros factores, especialmente sociais e económicos.

Control de inhibicións

editar

Un estudo feito por Ellen Bialystok e Michelle Martin amosou que os nenos bilingües teñen un mellor control das inhibicións, significando que son bos ignorando información perceptuativa irrelevante.[9]

A teoría é que os bilingües deben ordenar constantemente información perceptiva extra; para cada obxecto e acción, un bilingüe ten unha palabra en cada lingua que pode usar de xeito potencial. Porén, necesita escoller unha verba na lingua apropiada, baseándose no contexto que ten e nas regras e normas sociais aplicables a dito contexto.

A evidencia suxire que en orde a seleccionar o idioma desexado, os bilingües deben inhibir a lingua irrelevante.[10] A través da práctica constante inhibindo unha lingua ou a outra, os bilingües vóltanse expertos nunha atención selectiva, atendendo información apropiada e filtrando a irrelevante.

Esta habilidade pode aplicarse asemade noutras áreas educativas. Por exemplo, no solucionado de problemas matemáticos, moitas veces a primeira parte do problema é comprender que é preguntado e representar que información axuda na resposta á cuestión e que outra información pode atoparse.

Organización cortical

editar

A neurocientífica Katrin Amunts estudou o cerebro do políglota Emil Krebs, que controlou 68 linguas, e determinou que a área do cerebro de Krebs responsable da lingua — Área de Broca — estaba organizada de xeito diferente da xente monolingüe.[11]

  1. Darcy, N. T. (1963). Bilingualism and the measure of intelligence: Review of a decade of research. Journal of Genetic Psychology: 82, 259-282.
  2. Hakuta, Kenji; Bialystok, Ellen (1994). BasicBooks, ed. In other words: the science and psychology of second-language acquisition. New York. ISBN 0-465-07565-7. 
  3. Bialystok E. (1988) Levels of bilingualism and levels of linguistic awareness. Developmental Psychology. 25, p.560–567.
  4. Yow, W., & Markman, E. M. (2011). Young bilingual children's heightened sensitivity to referential cues. Journal Of Cognition And Development, 12(1), 12-31. doi:10.1080/15248372.2011.539524
  5. Cummins, J. (1979) "Cognitive/academic language proficiency, linguistic interdependence, the optimum age question and some other matters," Working Papers on Bilingualism, no. 19, p. 121-129.
  6. Elaine Weitzman, "One Language or Two? Home Language or Not? Some Answers to Questions about Bilingualism in Language-Delayed Children," http://www.hanen.org/web/Home/AboutHanen/NewsViews/OneLanguageorTwo/tabid/220/Default.aspx Arquivado 30 de maio de 2009 en Wayback Machine.
  7. Oller, D., Eilers, R. E., Urbano, R., & Cobo-Lewis, A. B. (1997). Development of precursors to speech in infants exposed to two languages. Journal Of Child Language, 24(2), 407-425. doi:10.1017/S0305000997003097
  8. MacSwan, J. (2002) "The Threshold Hypothesis, semilingualism, and other contributions to a deficit view of linguistic minorities," Hispanic Journal of Behavioral Sciences, 22(1) p. 3-45.
  9. Bialystok E, Martin MM (2004). "Attention and inhibition in bilingual children: evidence from the dimensional change card sort task". Dev Sci 7 (3): 325–39. PMID 15595373. doi:10.1111/j.1467-7687.2004.00351.x. 
  10. Kroll JF, Bobb SC, Misra M, Guo T (2008). "Language selection in bilingual speech: Evidence for inhibitory processes". Acta psychologica 128 (3): 416–430. PMC 2585366. PMID 18358449. doi:10.1016/j.actpsy.2008.02.001. 
  11. "Gift of the Gab, New Scientist, January 8, 2005 (Michael Erard - Stories)". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar