Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant

concello da provincia de Tarragona

Vandellòs i l'Hospitalet de l'Infant é un municipio de Cataluña situado na comarca do Baix Camp na provincia de Tarragona. Segundo datos de 2008 a súa poboación era de 5.653 habitantes. Ademais de Vandellòs e l'Hospitalet de l'Infant, está formado polos núcleos de poboación de l'Almadrava, Masriudoms e Masboquera.

Modelo:Xeografía políticaVandellòs i l'Hospitalet de l'Infant
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°01′17″N 0°49′55″L / 41.0214, 0.8319Coordenadas: 41°01′17″N 0°49′55″L / 41.0214, 0.8319
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
Ámbito funcional territorialCamp de Tarragona
Comarcael Baix Camp Editar o valor em Wikidata
CapitalMasriudoms Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.984 (2023) Editar o valor em Wikidata (68 hab./km²)
Número de fogares35 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie102,7 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo e Golfo de Sant Jordi Editar o valor em Wikidata
Altitude281 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataAssumpció Castellví Auví (en) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43891 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE43162 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT431628 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvandellos-hospitalet.cat Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 
Masboquera

Vandellòs aparece citado xa en 1342 co nome de Vallis Laurorumi e en 1460 como Vall de Llorer. Formou parte do termo municipal de Tivissa e quedou integrado na baronía de Castellvell. A partir de 1241, a baronía empezou a ser coñecida como baronía de Entenza ao casar unha neta do señor de Castellvell con Berenguer de Entenza. En 1324, Guillem de Entenza cedeu a baronía ao rei Xaime II e quedou integrada dentro do condado de Prades.

En 1813, as tropas do mariscal Suchet saquearon a cidade. En 1835 a poboación sufriu graves danos por mor dun terremoto.

L'Hospitalet foi fundado polo infante Pedro, fillo de Xaime II e de Branca de Nápoles, o 8 de novembro de 1344. Pedro levantou un edificio ao que chamou Hospital del Coll de Balaguer; o hospital era un edificio de planta cadrada de 54,6 metros de lado cunha torre en cada un dos seus ángulos de 18,5 metros. O intento de repoboación por parte de Pedro fracasou ata que en 1362 o seu fillo Juan de Prades adquiriu máis terreos para o hospital. Este novo edificio foi destruído no século XV.

Monumentos e festas editar

  • A igrexa parroquial de Vandellòs está dedicada a Sant Andreu. É un edificio de tres naves con cúpula, de estilo renacentista, construída en 1773.
  • Tamén quedan restos das antigas fortificaciones da Idade Media. Tamén se conservan algunhas arcadas do hospital do Coll de Balaguer, así como unha das súas torres e un antigo pozo.
  • A festa maior de Vandellòs celébrase o 26 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián. L'Hospitalet de l'Infant celebra as súas festas o 16 de agosto (San Roque).

Economía editar

O turismo converteuse nunha das principais fontes de ingresos do municipio. Construíronse diversos equipamentos como hoteis e urbanizacións. En l'Hospitalet de l'Infant atópase un porto deportivo que dispón de 575 amarres.

A agricultura foi durante moito tempo a base económica da cidade. Actividade que cambiou a partir da construción da central nuclear de Vandellòs en 1972. Os cultivos que aínda permanecen son principalmente abeleiras, amendoeiras e cereais.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar