Síndic de Greuges da Comunidade Valenciana

(Redirección desde «Valedor do Pobo do País Valenciano»)

O Síndic de Greuges de la Comunitat Valenciana (en galego: Síndico de Agravios do País Valenciano) é o defensor do pobo do País Valenciano, unha das institucións da Generalitat Valenciana que foi recollida polo Estatuto de Autonomía de 1982. A súa creación e funcionamento articúlase a través da Llei de la Generalitat Valenciana, 11/1988, e do Reglament d'Organització i Funcionament del Sindic de Greuges.

Para poder ser elixido Síndic de Greuges hase de contar co apoio de, polo menos, dous terzos dos deputados das Cortes Valencianas. A elección faise para un período de cinco anos, podendo ser reelixido.

A principal función do Síndic de Greuges é velar polo cumprimento e respecto dos dereitos e liberdades dos cidadáns fronte a Administración do País Valenciano.

Persoeiros que ocuparon o cargo

editar
Síndic Inicio Fin
Arturo Lizón Giner 21 de xullo de 1993 28 de xullo de 1998
Luis Fernando Saura Martínez 2 de setembro de 1998 26 de outubro de 2000
Bernardo del Rosal Blasco 4 de abril de 2001 8 de abril de 2006
Emilia Caballero Álvarez 9 de abril de 2006 Actualidade

Ligazóns externas

editar