Comarca do Besaya

(Redirección desde «Val do Besaya»)

A Comarca do Besaya é unha comarca de Cantabria, en España. Atópase situada no centro de Cantabria e a súa capital é Torrelavega. A comarca discorre ao longo do río Besaya.

Modelo:Xeografía políticaComarca do Besaya
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°18′N 4°00′O / 43.3, -4
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabria Editar o valor en Wikidata
CapitalTorrelavega Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie426,82 km² Editar o valor en Wikidata

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

Concellos

editar

Xeografía

editar
 
O río Besaya únese ás augas do Saja á altura da localidade de Ganzo, dentro do municipio de Torrelavega.

Conca hidrográfica do Besaya

editar

A conca hidrográfica do río Besaya é a maior conca que existe en Cantabria, ao abarcar unha superficie de 1.025,5 km². Recibe unha precipitación anual de 1.214,3 hectómetros cúbicos e rexistra un achegue de 777,5 hectómetros cúbicos, o que representa na desembocadura do Besaya, a través da ría de Suances, un caudal bruto de 24,65 metros cúbicos por segundo.[2]

Sen ter en conta a conca do río Saja, principal afluente do Besaya, a conca do Besaya presenta unha extensión de 556 km², englobando os termos municipais de Campoo de Enmedio, Pesquera, Santiurde de Reinosa, San Miguel de Aguayo, Bárcena de Pie de Concha, Molledo, Arenas de Iguña, Anievas, Cieza, San Felices de Buelna, Los Corrales de Buelna, Cartes, Torrelavega, Polanco e Suances.

O Besaya, do mesmo xeito que os principais ríos cántabros, orixina un val transversal á liña de costa que vai canalizando, a través dun gran número de afluentes, entre os que destacan o Bisueña, o Torina, o Erecia e o Llares. As augas procedentes da serra de Bárcenamayor, dos Altos de Haro, Mediajo Frío, Castrucos, Cildá e dos montes de Tejas, Dobra, Orza, Pedrazo e Rebujas.

No seu percorrido sur-norte, o Besaya atravesa permotriásticos, onde o río se encaga dando orixe a areniscas triásicas, un val en forma de "V" e de fortes pendentes. É nestes tramos, e en función dos acusados desniveis, onde se instalaron algúns encoros, que teñen un aproveitamento enerxético.

Por outra banda, fóra destes tramos, e en especial nos cursos medio e baixo, o Besaya discorre por extensas veigas, que en momentode fortes avenidas dan lugar a catastróficas inundacións como as de outubro de 1983.[3]

Demografía

editar
Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Torrelavega 55.888
Los Corrales de Buelna 11.622
Suances 8.365

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 98.579 habitantes, segundo datos do INE do ano 2010 (ver táboa). Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maior a menor, son: Torrelavega (55.888), Los Corrales de Buelna (11.622) e Suances (8.365). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Anievas (363), Bárcena de Pie de Concha (788) e Molledo (1.655), coincidindo estes últimos, coa parte situada máis ao sur da comarca.

Galería

editar
  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Gran enciclopedia de Cantabria. Páx. 264. (Tomo I) ISBN 84-86420-01-6
  3. Gran enciclopedia de Cantabria. Páx. 265. (Tomo I) ISBN 84-86420-01-6

Véxase tamén

editar