Anievas
Anievas é un concello da comunidade autónoma de Cantabria (España). Limita polo norte con Los Corrales de Buelna e San Felices de Buelna, polo oeste e sur con Arenas de Iguña e polo leste con Corvera de Toranzo. Este pequeno municipio, situado no centro xeográfico de Cantabria é un pequeno vale da cunca do río Besaya.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Anievas (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 268 (2023) (12,82 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 20,9 km² | ||||
Altitude | 268 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Agustín Perna Vaca (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39451 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39003 | ||||
Sitio web | aytoanievas.org |
Localidades
editarOs 361 habitantes de Anievas (INE, 2008) distribúense polas seguintes localidades:
- Barriopalacio, 102 hab.
- Calga, 47 hab.
- Cotillo (Capital), 129 hab.
- Villasuso, 83 hab.
Economía
editarA principal actividade económica é a gandaría e a agricultura. Anievas presenta un equilibrio económico entre os sectores económicos, posto que o sector primario emprega o 23,5% da poboación, o secundario o 37,4%, e o terciario o 39,1%.
Festas
editar- 26 de xullo, Santa Ana (Villasuso).
- 5 de agosto, A Virxe das Neves (Cotillo).
- 15 de agosto, A Nosa Señora da Asunción (Barriopalacio).
- 16 de agosto, San Roque (Calga).
Demografía
editar1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
661 | 722 | 705 | 622 | 716 | 663 | 634 | 603 | 499 | 477 | 381 | 381 |
Fonte: INE
Administración
editarJosé Díaz Gómez (PP) é o actual alcalde do municipio, tras revalidar o seu cargo nas eleccións municipais de 2007. Nestas táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas no ano 2003 e 2007.
|
|
Patrimonio
editarTen dous dos bens de interese cultural de Cantabria. Por un lado, a igrexa de San Andrés en Cotillo, con categoría de Monumento. Por outro lado, é un dos municipios polos que se estende o Conxunto arqueolóxico de Espina del Gallego, Cildá, El Cantón e Campo de Las Cercas canda Corvera de Toranzo, Molledo, Arenas de Iguña, San Felices de Buelna e Puente Viesgo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anievas |