Coordenadas: 39°41′30″N 45°27′55″L / 39.69167, -45.46528

Vaik (en armenio, Վայք) é unha cidade de Armenia no marz de Vaiots Dzor.

Vaik
Վայք
Vayk town1.jpg
Vista de Vaik.
Localización
Vaik en Armenia
Vaik
Vaik
PaísFlag of Armenia.svg Armenia
MarzVaiots Dzor
Xeografía
Altitude1.300 msnm
Superficie3 km²
Demografía
Poboación5.900 hab. (2009)
Densidade2.000/km2
XentilicioVaiketsí
Outros datos
Código postal3801
AlcaldeHarutyun Sargsyan (HHK)[1].
www.vayk.am/

XeografíaEditar

Situado a 139 km de Iereván, Vaik está rodeada por montañas tanto polo norte como polo sur, a cidade esténdese por 1,5 km na marxe dereita do río Arpa. Aproximadamente a 1 km ao leste da cidade encóntrase a antiga ponte, construída no século XVII e reconstruída en 1827 por suxestión de Iván Paskévich.

HistoriaEditar

Baixo a dominación turca a cidade era coñecida como Soylan (arm. Սոյլան). Entre 1956 e 1990 foi bautizada como Azizbekov na honra do líder revolucionario soviético Meshadi Azizbekov. Despois da caída da Unión Soviética, a vila converteuse nunha cidade cun novo nome, Vaik. No 1897 a poboación dos asentamentos era de 22 persoas. Segundo o censo de 2001 ascendía a 6 024 persoas. En 2009 Vaik tiña 5 900 habitantes.

Galería de ImaxesEditar

NotasEditar