Uxía Lemus

política e funcionaria galega

Uxía Lemus de la Iglesia, nada na Coruña o 2 de xullo de 1976, é unha política e funcionaria galega do PSdeG-PSOE.

Infotaula de personaUxía Lemus
Biografía
Nacemento(gl) Uxía Lemus de la Iglesia Editar o valor em Wikidata
2 de xullo de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , funcionaria pública Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e doutora en Ciencia Política pola USC. Dende 2007 é funcionaria da Administración local no servizo de urbanismo co Concello de Oroso. Militante do PSdeG-PSOE dende 2009, nas eleccións municipais de 2011 foi a número 2 dos socialistas en Teo, accedendo á acta de concelleira trala renuncia do candidato, Jano Leis, que só lograra 1 representante[1]. Desta forma converteuse na Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Teo e na portavoz do partido na corporación. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE e conseguiu subir ata 2 concelleiros o cal, unido á vitoria sen maioría absoluta de Anova, supuxo que entrase no goberno xunto con esta formación, sendo a primeira vez na democracia que os socialistas gobernaban en Teo. Desta forma foi primeira tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Vivenda e Sostibilidade[2]. Na recta final do mandato manifestou a súa disconformidade coa proposta de fusión entre Santiago e outros municipios limítrofes como Teo, a cal asumía o seu socio e alcalde Rafael Sisto e promovía o entón alcalde compostelán (e exalcalde de Teo) Martiño Noriega[3].

Nas municipais de 2019 encabezou de novo ó PSdeG-PSOE e consigueu pasar de 2 a 4 concelleiros, igualando aos seus socios de Anova que caeron de 7 a 4, se ben estes seguían tendo máis votos. Desta forma, Anova e socialistas renovaron o seu pacto de goberno, se ben nesta ocasión necesitou o apoio do BNG na investidura, asumindo de novo a primeira tenencia de alcaldía e as áreas de Urbanismo, Seguridade Cidadá, Enerxía e Sostibilidade. Porén, en outubro de 2021 o alcalde expulsou unilateralmente ós concelleiros socialistas do executivo local e pasou a gobernar en minoría[4].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar