Uurad

Rei dos pictos entre 839 e 842

Uurad ou Ferat, fillo de Bargoit (finado en 842) foi un rei dos pictos, quizais dende 839 até 842. Ningunha das dúas versións coñecidas das listas de reis da crónica picta ofrecen a mesma versión do seu nome.[1] Ferat ou Uurad en picto, é a forma máis común, pero tamén é coñecido como Feradach.[2]

Infotaula de personaUurad
Biografía
Morte842 Editar o valor em Wikidata
Lista de reis dos pictos
839 – 842
← Eóganan mac ÓengusaBridei VI → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosBridei VI, Ciniod II, Drest X Editar o valor em Wikidata

A interpretación de Thomas Owen Clancy da pedra de Drosten poderían converter a Ferat un dos dous monarcas pictos cuxo nome aparece nunha pedra picta, sendo o outro Caustantín mac Fergusa.

Unha versión da historia orixinal de St Andrews di que foi escrita por Thana, fillo de Dudabrach, en Meigle, no reino de "Pherath, fillo de Bergeth".[3]

Os fillos de Uurad foron Bridei, Ciniod e Drest, que loitaron polo poder entre os pictos con grupos familiares liderados por Bruide, fillo de Fokel e Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín).


Predecesor:
Uuen
 Rei dos pictos 
839 - 842
Sucesor:
Bridei VI

Notas editar

  1. Early Sources, p. cxxvii.
  2. No caso de Alpín, Uuroid lese como Feradach.
  3. Early Sources, p. 266, note 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar