Crónica picta é o nome que adoitan dar os historiadores (especialmente os máis antigos) a un relato pseudohistórico dos reis pictos que comeza moitos miles de anos antes dos primeiros rexistros históricos pictos e remata despois de que o reino picto fose absorbido por Escocia. O manuscrito orixinal (aínda que perdido) parece poder datarse nos primeiros anos do reinado de Kenneth II de Escocia (que gobernou Escocia dende 971 até 995) xa que el é o derradeiro rei mencionado e o cronista non coñece a duración do seu reinado. Á parte da lista de reis, a crónica sobrevive unicamente no Manuscrito Poppleton do século XIV.

Hai de feito varias versións da crónica picta. O texto denominado "A" é probablemente o máis antigo, o máis completo, e parece ter menos erros que outras versións. Divídese en tres partes:

  1. Orixes dos pictos, maioritariamente tomado das Etimoloxías de Isidoro de Sevilla.
  2. Unha lista de reis pictos.
  3. Ocasionalmente, inclúese a Crónica dos reis de Alba.

É evidente que as últimas dúas seccións escribíronse orixinalmente en gaélico, dado que algunhas palabras gaélicas non chegaron a traducirse ó latín.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar