Noguerol y Camba editar


Introducción editar

José Ignacio Noguerol y Camba [1] [2] foi un poeta dos Séculos escuros. É principalmente coñecido pola súa participacións nos Xogos Florais da Coruña no ano 1707 e a única obra súa da que se ten constancia é o romance Versos Gallegos a Nuestras Señora de Reza.


Noguerol y Camba nas Festas Minervais editar

O día 25 de agosto do ano 1707, con motivo do nacemento do príncipe [Luís Jacobo], o ben amado, leváronse a cabo unhas xustas literarias en Ourense, nas que o poeta Noguerol y Camba saíu vitorioso, publicando no ano 1708 o seu romance '"Versos gallegos a Nuestra Señora de Reza, por avernos dado un Príncipe en nuestra Reyna y Señora María Gabriela, por un Autor no conocido, ni dado a luz, por mano de D. Joseph Noguerol, su mismíssimo hermano'. O obxectivo deste poema era loubar a raíña María Luísa Gabriela Emmanuel de Saboia por dar a luz a un fillo varón que, nun futuro, se convertiría no próximo rei de España. A autoría deste poema con características propias da influencia barroca foi confirmada polo mesmísimo poeta Xosé María Álvarez Blázquez, pertencente á xeración do 36. Segundo o catedrático, Benito Varela Jácome, este romance aparece plasmado no cancioneiro poético de Baltasar Rubio, que recibe o nome de 'El clarín de la fama y cítara de Apolo Con métricos rasgos a las Reales Fiestas que en el felicísimo nacimiento del Príncipe N. Señor D. Luis Jacobo primero el deseado ejecutó la esclarecida nobilísima y muy leal ciudad de Orense y hoy consagra a la augusta sombra de la Reina N. Señora D. María Luisa Gabriela Emmanuel de Saboya. Por mano del Rº P. Maestro Baltasar Rubio, de la Compañía de Jesús su confesor' [3] [4] (1708, Santiago), no que se relata este evento, ademais de facer mención dos poetas que participaron nas Festas Minervais. Nesta alusión inclúese o poeta xa mencionado arriba xunto con outras personalidades como Antonio de Ulloa Pardo, Tomás de Losada ou Diego Sarmiento Sotomayor.



Obras editar


"Versos gallegos a Nuestra Señora de Reza, por avernos dado un Príncipe en nuestra Reyna y Señora María Gabriela, por un Autor no conocido, ni dado a luz, por mano de D. Joseph Noguerol, su mismíssimo hermano" editar

 
Versos Gallegos a Nuestra Señora de Reza I
 
Versos Gallegos a Nuestra Señora de Reza II


Análise do Romance editar

Temas tratados editar

Este romance xira en torno a dous temas principais: por un lado, a loubanza á Virxe de Reza por axudar a raíña a que esta quedase encinta —recibindo o título co que se honrou a Señora na capital auriense, o de Patroa— e, por outro lado, fai unha crítica aos escribanos alegando que este poema lle pertence a el. Polo tanto, acúsaos de ladróns e preguiceiros por non realizaren ben o seu traballo dado que, ás veces, apuntan mal o que escoitan e iso fai que o poeta perda prestixio. Desta maneira, poderíase dicir que este poema presenta trazos de cantiga de escarnio.



Análise formal editar

Este poema trátase dun romance que, tal e como o seu nome indica, consiste nunha construción poética de arte menor composta principalmente por 10 versos octosílabos por estrofa, aínda que neste caso hai 12 na segunda. A súa rima é asonante asonante nos versos pares e libre nos impares, e o seu esquema varía do tradicional, que sería –a-a-a-a-a-a-a-a-a-a-a. No referente aos recursos estilísticos, cabe mencionar o posible dobre, propio da literatura medieval, entre os versos décimo segundo, décimo terceiro e os décimo noveno e vixésimo, dada a repetición do adverbio se e a conxunción que. Tamén chama a atención o paralelismo nos versos oitavo, noveno e décimo polo uso da preposición por e diferentes adxectivos.



Noguerol y Camba e a Virxe de Reza editar


A Virxe da Reza [5] [6]. era a intercesora ante [Deus] pola chuvia nos anos de moita seca. A auga é moi importante para os labradores, polo que non só chegaban as oracións privadas, senón que se facían preces solemnes como o son as procesións de rogativas.

A procesión de rogativa máis popular da cidade era a que se facía até a metade do século XX coa Virxe de Reza. Para que a efixie puidera saír da súa sé no templo de Reza A Nova era necesario que o concello en representación do pobo pedise ao Cabido da Catedral que o permitise e fose levada en procesión até o seo, onde pola mañá se facía un novenario pedindo a chuvia e, pola tarde, se lle cantaba unha Salve.

Rematado o novenario, a imaxe da Virxe levábase de novo nunha procesión que saía da catedral e acababa no templo de Reza A Nova. A Virxe de Reza gozou de tal popularidade na cidade de [Ourense] e nos arredores que chegou a ser Patroa do Concello da capital auriense.



Notas editar



Bibliografía editar


  • Rubio, Baltasar. (1708). El clarín de la fama y cítara de Apolo. Con métricos rasgos a las Reales Fiestas que en el felicísimo nacimiento del Príncipe N. Señor D. Luis Jacobo primero el deseado ejecutó la esclarecida nobilísima y muy leal ciudad de Orense y hoy consagra a la augusta sombra de la Reina N. Señora D. María Luisa Gabriela Emmanuel de Saboya. Por mano del Rº P. Maestro Baltasar Rubio, de la Compañía de Jesús su confeso. 2019, de Red de Humanidades Digitales y Letras Hispánicas Sitio web: http://www.red-aracne.es/busqueda/ficha.htm?id=oai%3Ajunta-de-libros.phebo.es%3A7934

http://www.cva.itesm.mx/biblioteca/pagina_con_formato_version_oct/apa.htm