Usuario:Elisardojm/Exemplo de notas

Infotaula de personaJohn Ronald Reuel Tolkien
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1892
Bloemfontein, Estado Libre de Orange
(actual Suráfrica)
Morte2 de setembro de 1973 (81 anos)
Bournemouth, Reino Unido
Datos persoais
RelixiónCatolicismo
Actividade
Xénero artísticoFantasía, Fantasía épica, Tradución, Crítica
Familia
CónxuxeEdith Bratt

John Ronald Reuel Tolkien, citado a miúdo como J. R. R. Tolkien, CBE (pronuncia: [ˈtɒlkiːn]), nado en Bloemfontein o 3 de xaneiro de 1892 e finado en Bournemouth o 2 de setembro de 1973, foi un escritor, poeta, filólogo e profesor de universidade inglés de orixe surafricana, coñecido principalmente polas súas obras O Hobbit, O Señor dos Aneis e O Silmarillion.[1][2][3][4]

A popularidade das súas obras fixo que se lle identifique popularmente coma o "pai" da literatura fantástica moderna.[5][6][7] Foi profesor de anglosaxón no Pembroke College de 1925 a 1945, e profesor de lingua e literatura inglesa no Merton College de 1945 a 1959.[8] Foi nomeado Comandante do Imperio Británico pola raíña Isabel II o 28 de marzo de 1972.[9]

En 2008, o xornal The Times clasificouno no sexto posto nunha lista dos "50 escritores británicos máis importantes dende 1945".[10] Forbes clasificouno no 5º posto das personalidades defuntas con máis ingresos no 2009.[11]


Notas editar

  1. (Carpenter 1977, p. 14)
  2. Hammond, Wayne G. (1993). J.R.R. Tolkien: A Descriptive Bibliography. Londres: Saint Paul's Biographies. ISBN 0-938768-42-5. 
  3. "J. R. R. Tolkien Dead at 81; Wrote 'The Lord of the Rings'". The New York Times (en inglés). 3 de setembro de 1973. Consultado o 8 de xullo de 2015. 
  4. "Oxford Calling". The New York Times (en inglés). 5 de xuño de 1955. Consultado o 12 de marzo de 2006. 
  5. Mitchell, Christopher. "J. R. R. Tolkien: Father of Modern Fantasy Literature". Veritas Forum (en inglés). Consultado o 2 de marzo de 2009. 
  6. Drabble, Margaret, ed. (2000). Oxford companion to English Literature (en inglés) (6ª ed.). p. 352. the greatest influence within the fantasy genre 
  7. Clute, John; Grant, John, eds. (1999). The Encyclopedia of Fantasy (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 0-312-19869-8. 
  8. (Carpenter 1977, pp. 111, 200, 266)
  9. (Carpenter & Tolkien 1981, nº 334 (nota editorial))
  10. "The 50 greatest British writers since 1945". The Times (en inglés) (Londres). 5 de xaneiro de 2008. Consultado o 17 de abril de 2008. 
  11. Miller, Matthew (27 de outubro de 2009). "Top-Earning Dead Celebrities". Forbes.com (en inglés).