O trombón

Evolución histórica do trombón

O trombón é un aerófono da familia de vento , cun rexistro máis grave que o da corneta. O son prodúcese polo movemento dun tubo móbil, chamado vara, que se desliza dentro do tubo principal en sete posicións, acurtando ou alargando a distancia que o aire en vibración debe percorrer, producindo deste xeito sons máis graves ou agudos, que tamén se poden controlar cunha maior ou menor presión do aire soprado polo intérprete. Canto máis se saque a vara, máis se alarga a columna de aire e o son producido é máis grave,cada posición dá unha fundamental medio ton máis baixo que a anterior. Con todo tamén existen trombóns con válvulas, aínda que actualmente non se empregan. Do mesmo xeito que case todos os instrumentos desta familia de vento metal, o trombón de varas é de unha aleación de varios metais,e consiste nun tubo cilíndrico e aberto envolto sobre si mesmo.

Durante os periodos barroco e clásico usábase moito na música relixiosa e dende o século XIX é imprescindible na gran orquesta sinfónica. Tamén se utiliza nas bandas e na música de jazz onde, ademais de ser un instrumento crave para a big band, interpreta pasaxes solistas.

Na familia do trombón hai moitas variantes con distintas tesituras e tamaños. Na orquesta adóitase usar o trombón tenor e o baixo.

hola xose perdoa e que eu son novo nesto e non sei ainda moi ben como vai por non saber non sei nin como podo poñer a barra para facer unha subpaxina agradeceria que se me poideras axudar,pareceme unha idea xenial o da galipedia