• Olá, Carloscercio. Acabo de ver que na túa páxina de usuario escribiches un texto sobre o trombón, supoño que a xeito de borrador. A páxina de usuario é para te presentares e para teres a man recursos que empregues con frecuencia. Esta páxina de discusión de usuario na que estás agora é para que os demais nos poñamos en contacto contigo (para respostáresme, clica na imaxe dun sobre que aparece atrás do meu nome). Para preparar textos o máis cómodo é que crees unha "subpáxina" da túa páxina de usuario, por exemplo User:Carloscercio/Trombón ou User:Carloscercio/Borrador. Como ves, o único que fai falla é pór unha barra. Un saúdo. --Xosé (✉) 22:37, 25 marzo 2007 (UTC)
    • Como che dicía antes, a túa páxina de usuario contén información sobre ti. Para te pores en contacto comigo tes que ir á miña páxina de discusión de usuario. Así, cando me escribas a min aparecerame ese aviso con fondo amarelo. Se non, pode que non vexa a túa mensaxe porque non vou mirando todo o que se escribe. Para escribirme na miña páxina de usuario fai clic na ligazón anterior ou, na miña asinatura (ao final do que eu escriba), nun sobreciño pequeno que aparece (como aquí, antes da data: --Xosé (✉) 13:42, 26 marzo 2007 (UTC)). A barra é maiúsculas+7 no teclado, ou ben facendo clic nas ligazóns que che deixei na mensaxe anterior (User:Carloscercio/Borrador). Por certo, existe xa unha páxina sobre o trombón. A Galipedia conta cunha páxina de axuda na que podes atopar informacións interesantes. Por desgraza está redactada por xente (coma min) con certa experiencia na wikipedia, así que moi posibelmente omitimos cousas que nos parecían obvias e que os novos non sabedes atopar. Por iso, cando procures información sobre algo e non o atopes, non duvides en perguntar e, de paso, indicar onde procuraches esa información porque iso axudaranos a mellorar a axuda. --Xosé (✉) 13:42, 26 marzo 2007 (UTC)

hola non sei si é aqui onde teño que escribir pero preguntoche si podo amplialo artigo de trombon que xa está escrito,eu son trombonista e gustariame amplialo un pouco porque é moi pequeno e non está todo o ben que deveria.sin mais un saudo de joe

    • Tes que escribir na miña páxina de discusión: User talk:Xosé. Así, vereino. Se non, como agora, será de casualidade. --Xosé (✉) 21:55, 27 marzo 2007 (UTC)

Editar artigos editar

  • Non tes que pedir permiso para editar nengún artigo. Como di o seu lema, esta é "a enciclopedia que todos poden editar". Adiante! --Xosé (✉) 22:57, 27 marzo 2007 (UTC)