Introdución editar

Tamara Amorín é o meu nome e tamén o de usuaria na Galipedia, coa curiosidade de saber sobre funcionamento interno desta enciclopedia en liña e avanzar un chanzo máis na visibilización das mulleres nela, anoteime ao Curso de edición do Centro de Documentación e Recursos Feministas 2021, aquí comeza a miña andadura.

Nacín en Alemaña, e teño raíces maternas portuguesas. Cheguei a Galicia sendo unha cativa e polo tanto son unha galega de Pontevedra.

Fixen o Bacharelato no IES de Ponte Caldelas . Estudei o Grao en Educación Infantil na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, consecutivamente fixen o Mestrado en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primariana mesma facultade. Dende o 2021 estou realizando o doctorado no Programa de Doctorado en Equidad e Innovación en Educación pola Universidade de Vigo. Ao respecto, entre os meus intereses están a investigación cualitativa relacionada co pensamento do profesorado así como a ensinanza das ciencias e a coeducación, un dos artigos relacionados cos aspectos citados Enseñar ciencias en educación infantil: pensamiento do profesorado en formación inicial.

A docencia é algo que me apasiona, a todos os niveis. Cabe destacar que antes de finalizar o Grao, no meu último ano de carreira, puden aprender da experiencia dunha Bolsa de Colaboración co Departamento de Didácticas Especias, do Ministerio de Educación no curso 2017/18. No curso 2018/19 tiven a oportunidade de impartir docencia como convidada na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra. Posteriormente, no curso seguinte, estiven como contratada interina na mesma facultade dando aulas na materia de Aprendizaxe das Ciencias da Natureza do Grao en Educación Infantil. No presente curso 2020/21, gozo de un contrato predoutoral pola Universidade de Vigo o cal me permite compaxinar a elaboración da tese doutoral e a docencia práctica de varias materias na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra..

 
Exposición Congreso

Como máxima tanto no meu desempeño académico como profesional sigo o hito de que "ninguén pode ensinar o que non sabe" acuñado a unha das mulleres referentes para min María M. ÁLvarez Lires e neste reside a importancia de aprender a ensinar e ensinar a aprender, de dubidar e de facerse preguntas para ampliar coñecementos.

Notas editar