Comezo dunha aventura

editar

No mes de febreiro do ano 2021 inicei o curso de Edición na Wikipedia con moita ilusión.

Wikipedia:Curso de edición do Centro de Documentación e Recursos Feministas 2021

 
A cidade amurallada de Lugo

As miñas subpáxinas

editar

Usuaria:Mercedescasimira/Encontro semanal coas compañeiras do Curso de Edición na Wikipedia

Usuario:Mercedescasimira/Todo ten solución

Usuario:Mercedescasimira/Enlaces

Usuario:Mercedescasimira/Curso de Edición na Wikipedia I

Usuario:Mercedescasimira/Curso de Edición na Wikipedia II

As Matemáticas en Galiza

editar

Juan Díez, autor do primeiro libro de matemáticas publicado en América

editar

No ano 1.556, Juan Díez, clérigo español, de orixe galego, escribiu o primeiro libro de Matemáticas publicado en América co título Sumario Compendioso de las cuentas en plata y oro que en los reinos del Perú son necesarias a los mercaderes y a todo género de tratantes. Con algunas reglas tocantes a la Aritmética[1]. O contido do libro é similar aos publicados nesa época en Europa, como a Aritmética íntegra de Stifel. No ano 1518, Juan Díez, foi tamén cronista da primeira expedición de Hernán Cortés a península de Yucatán[2]. O profesor coruñés David Fernández Diéguez da a coñecer estes artigos no Boletín da RAG.

 
Co “Sextinario trinta e seis + tres”, María Wonenburger é agasallada na súa visita ao instituto Poeta Díaz Castro de Guitiriz

Os matemáticos da provincia de Lugo

editar

No ano 1969, o profesor das clases de Metodoloxía da Facultad de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela, Eduardo García Rodeja, dicía nas súas clases que Lugo era a provincia galega que máis matemáticos dera ao longo da historia.

  • Vicente Vázquez Queipo[3], nado en Lusío, preto de Samos, e autor das táboas de logaritmos
     
    Inauguración da Rüa Vázquez Queipo de Lugo. A persoa que está de costas é a matemática María Wonenburger
    que estiveron en uso desde 1853, ano da primeira edición, ata finais do segundo terzo de século XX.

No ano 2004, co gallo da celebración do bicentenario do seu nacemento, a asociación galega de profesores de matemáticas,AGAPEMA[4], organizou en Lugo as Xornadas Muralla Matemática-Vázquez Queipo que estiveron vixentes durante 3 anos.

No segundo ano tivo lugar a inauguración dunha rúa na cidade de Lugo co seu nome.[5] Ás dúas primeiras Xornadas asistiron Celia Quiroga Moreiras, bisneta de Vicente Vázquez Queipo e María Wonenburger.

Case unha década despois, aos poucos días de finar a matemática coruñesa, no Pleno Ordinario do Excmo. Concello de Lugo

do 30 de xuño de 2014, acordouse asignarlle o nome de María Wonenburger á Escola Infantil situada entre a

 
Entrada na escola infantil María Wonenburger da Cidade de Lugo

Rúa Vázquez Queipo e a Rúa das Fontes.

Matemáticas e Poesía

editar

Poesía para a matemática María Wonenburger

editar

Sextinario: trinta e seis + tres

editar

O 15 de outubre de 2007, a escritora luguesa Marica Campo presentaba a súa obra Sextinario: trinta e seis + tres[6].

Trátase dun libro de poemas cuxo esquema métrico responde a unha permutación matemática. Poco despois Marica Campo

coñecería á matemática María Wonenburger cando visitou o Instituto Poeta Díaz Castro, de Guitiriz.

O 19 de xuño do ano 2014, Marica Campo publicaba na súa sección habitual, A tecelá de outono do Diario Lucense

O Progreso, Era muller[7], adicado a María Wonenburger que acababa de finar o día 14. Nese artigo facía referencia ao agasallo do Sextinario.

"Axioma da escolla" e "Abrirme"

editar

Os Cabaleiros da Orde de María Pita son os organizadores dos Xogos Florais que leva o nome da súa Orde[8].

No ano 2018 celebráronse os XXVII Xogos Florais, qué tiveron por lema "Con ciencia fronte a todo" e estiveron dedicados a María Wonenburger.

O primeiro premio otorgóuselle a Carlos da Aira.polo seu poema o "Axioma da escolla" e o accésit ao poema "Abrirme" de Beatriz Rey González. Ambos poemas poden lerse no artigo "Arte y ciencia en plena conjunción" do Boletín "El Cerco de María Pita" nº 59, páxinas 18-20.[9].

Cazatesouros

editar

É un blog que pode encontrarse na marxe ezquerda da páxina web do IES Eusebio da Guarda. Os temas son moi variados:

A NOSA CASA. DAVID FERNÁNDEZ DIÉGUEZ.

editar

É un artigo dedicado ao profesor David Fernández Diéguez[10], autor do artigo, citado na subcabeceira "Juan Díez, autor do primeiro libro de matemáticas publicado en América".

Entrevistas

editar

Entrevistas a mulleres que aman os libros. Entrevista a Anna Caballé[11].

  1. "La obra más antigua de Matemáticas impresa en el Nuevo Mundo, es debida a un gallego.". 
  2. "Bibliografía. El primer libro de Matemáticas impreso en América es obra de un gallego.". 
  3. "Vicente Vázquez Queipo. Científico e humanista galego do século do progreso". Album da Ciencia. 
  4. "Asociación galega do profesorado de educación matemática". Agapema. 
  5. "Los matemáticos ya presumen de la calle Vázquez Queipo". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-05-12. Consultado o 2021-03-12. 
  6. "Sextinario: trinta e seis + tres". Marica Campo. 
  7. "Era muller". A tecelá de outono. 
  8. "Real orden de Caballeros de María Pita". 
  9. ROCMP (2016-08-10). "Boletines". Real Orden de Caballeros de Marìa Pita (en castelán). Consultado o 2021-04-20. 
  10. "A Nosa Casa. David Fernández Diéguez". 
  11. "Entrevista a Anna Caballé". 

Bibliografía

editar

Roldán de Montaud, I., Sampayo Yáñez, M. (2012): "O profesor coruñés David Fernández Diéguez, divulgador e historiógrafo da Matemática", GAMMA 12, pp. 31-36.

Ligazóns externas

editar

Páxina web do IES "Eusebio da Guarda": http://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/.