Uri Zvi Greenberg
Uri Zvi Greenberg (Lvov, 1896 — 1981), foi un poeta e político israelí.
Nado no seo dunha familia hasídica, recibiu unha educación relixiosa tradicional. Escribiu os seus primeiros poemas, en hebreo e yiddish, antes dos vinte anos. En 1915 serviu no exército austríaco ata que en 1917 desertou e volveu a Lvov, onde a experiencia dos pogroms de novembro de 1918 marcaríao para o resto da súa vida. Ata 1924 viviu en Varsovia e Berlín e continuou a escribir en yiddish e hebreo, pero nese ano marcha a Israel e escribe unicamente en hebreo.
Nos primeiros anos en Israel vencellouse ao Partido Laborista e escribiu regularmente en Davar, o diario laborista, pero na fin da década achégase ao movemento revisionista, logo dos disturbios en Palestina de 1929 convértese no representante do revisionismo en Polonia.
Despois da ocupación alemá de Polonia, Greenberg consegue escapar a Israel, pero o resto da súa familia falece no Holocausto. En Palestina foi membro do Irgun, e logo da creación do Estado de Israel, foi deputado o partido Herut na primeira Knesset
Uri Zvi Greenberg | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Uri Zvi Tur-Malka e Atsag |
Nacemento | 22 de setembro de 1896 |
Lugar de nacemento | Bilyi Kamin |
Falecemento | 8 de maio de 1981 |
Lugar de falecemento | Ramat Gan |
Soterrado | Cemiterio xudeu do Monte das Oliveiras |
Nacionalidade | Israel |
Ocupación | poeta, político, xornalista e escritor |
Cónxuxe | Aliza Tur-Malka Greenberg |
Premios | Prêmio Israel, Bialik Prize, Itzik Manger Prize, doutor honoris causa pola Universidade Bar-Ilan, honorary doctor of Tel Aviv University, honorary doctor of Yeshiva University e Newman Prize |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |