Urbano Rattazzi
político italiano
Urbano Rattazzi, nado en Alessandria o 29 de xuño de 1808 e finado en Frosinone o 5 de xuño de 1873, foi un estadista italiano. Membro do Partido Liberal, ocupou diversos cargos na primeira andaina da Italia unida.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Traxectoria
editarFoi presidente da Cámara, Ministro do Interior en dúas ocasións, Ministro de Asuntos Exteriores, Ministro de Xustiza e Primeiro Ministro tamén en dúas ocasións.
Opúxose á cesión a Francia de Niza e o departamento de Savoia. Enfrontouse ao poder da Igrexa Católica o que lle ocasionou problemas coas forzas clericais. Defendeu a unidade de Italia fronte aos Estados Pontificios. Chegou a entendementos políticos con Cavour e reprimiu a Garibaldi, o que provocou unha corrente popular contraria á súa persoa.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Urbano Rattazzi |