Universidade de Westminster


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

A Universidade de Westminster (en inglés University of Westminster) é unha universidade pública do Reino Unido. Fundada en 1838 co nome de Institución Politécnica Real (en inglés Royal Polytechnic Institution), foi a primeira institución politécnica no Reino Unido. A institución foi convertida en universidade en 1992, o que significou que podería brindar os seus propios títulos académicos.

Universidade de Westminster
Datos xerais
LocalizaciónLondres
Datos actuais
ReitorProf. Geoffrey Petts
Datos de contacto
Páxina webhttps://www.westminster.ac.uk/
Facebook: UniOfWestminster Twitter: UniWestminster Instagram: uniwestminster Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A maior parte da escola atópase na Regent Street dentro da Cidade de Westminster no centro de Londres, con campus adicionais en Fitzrovia, Marylebone e Harrow. A universidade tamén conta cunha sede adicional en Uzbekistán, na cal funciona a Universidade Internacional de Westminster en Tashkent.[1]

As actividades académicas da universidade están organizadas dentro de sete facultades, dentro das cales existen 45 departamentos académicos. A universidade conta con diversos centros de investigación a través dos diversos eidos de estudos, incluíndo comunicacións e investigación dos medios de comunicación, cuxa investigación esta considerada dentro das 40 mellores do mundo segundo QS World University Rankings. A Universidade de Westminster tivo un ingreso de £170.4 millóns no 2012/13, dos cales £4.5 millóns proviñeron da área de investigación académica. Westminster é recoñecida especialmente polos seus programas de xornalismo, administración de empresas, ciencias sociais e ciencias políticas.

Westminster é membro da Association of Commonwealth Universities, a Asociación de MBAs, a European Foundation for Management Development, a Asociación de Universidades Europeas, a Asociación Internacional de Universidades, entre outras organizacións.

Entre o alumnado de Westminster atópase un premio Nobel de Medicina, o inventor da cordita, xefes de Estado, personalidades da política, dos deportes olímpicos, do ámbito científico, do cine, premios BAFTA e Oscar,[2] da música, xornalistas e poetas.

Notas editar

  1. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 1 de mayo de 2015. Consultado o 6 de agosto de 2015. 
  2. Cooper, Goolistan (2016-02-29). "Double Oscars success for University of Westminster graduates". MyLondon (en inglés). Consultado o 2022-02-22.