Universidade de Namur
A Universidade de Namur (Université de Namur, UNamur, antigamente Facultés Universitaires Notre-Dame de la Paix-FUNDP),[1] en Namur, Bélxica, é unha universidade privada xesuíta, da Comunidade francesa de Bélxica. Tanto a docencia como a investigación realízanse en seis facultades ou escolas de nivel universitario nos ámbitos de:
- Filosofía
- Dereito
- Ciencias Económicas, Sociais e da Xestión
- Ciencias da Computación
- Ciencias
- Medicina
Universidade de Namur Université de Namur | |
---|---|
Datos xerais | |
Datos actuais | |
Reitor | Annick Castiaux |
Alumnos | 6,623 (en 2015) |
Datos de contacto | |
Páxina web | www |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía e localización editar
A Universidade de Namur está situada en Namur, Bélxica. O campus principal está situado no corazón da cidade de Namur, capital de Valonia. O campus universitario principal inclúe o edificio universitario, as seis facultades principais e as bibliotecas universitarias.
Historia editar
A Universidade de Namur, foi fundada en 1831 como Collège Philosophique de Bellevue. Converteuse en universidade no ano 1900. Durante o século XX e XXI, continuou a súa expansión.
Antigos alumnos destacados editar
- André Antoine, político belga e ministro de Facenda daComunidade francesa de Bélxica
- Mathias Cormann, político e ministro de Finanzas de Australia
- Jean-Luc Dehaene, primeiro ministro belga na década de 1990
- Catherine Fonck, política belga e ex ministra de Sanidade daComunidade francesa de Bélxica
- Oly Ilunga Kalenga, ministra de Sanidade da República Democrática do Congo.
- Koen Lenaerts, xuíz do Tribunal de Xustiza Europeo
- Philippe Maystadt, ex ministro belga e presidente do Banco Europeo de Investimento 2000-2011
- Petra Rudolf, física de estado sólido e expresidenta da Sociedade Europea de Física
Notas
- ↑ New name since September 2012, formerly Facultés Universitaires Notre-Dame de la Paix (FUNDP): Le Vif.be - Les Facultés universitaires Notre-Dame de la Paix deviennent l'Université de Namur Arquivado 21 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.