Universidade de Duisburgo

Universidade de Duisburgo (en alemán Universität Duisburg), tamén coñecida como Alt Universität Duisburg (Antiga Universidade de Duisburgo) comezou a impatir docencia o 14 de outubro de 1655, despois dunha inauguración cerimonial en presenza do príncipe Johann Moritz von Nassau-Siegen, o gobernador do elector de Brandeburgo (Brandeburgo foi un dos sete electoradosKurfürstentümer— do Sacro Imperio Romano Xermánico).

Universidade de Duisburgo
Universität Duisburg
Biblioteca de Universide de Duisburgo
Datos xerais
LocalizaciónDuisburgo
Fundación1655
Datos actuais
Datos de contacto
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Noventa anos antes, en 1564, o ducado recibira o permiso do Papa e, en 1566, o privilexio do emperador Maximiliano II para fundar a universidade.

Dous destacados científicos de finais do século XVIII e principios do século XIX, foron o zoólogo Blasius Merrem, que ingresou na Universidade de Gotinga en 1779 e foi alumno do médico e antropólogo Johann Friedrich Blumenbach, que o orientou cara á zooloxía. Merrem, despois de acabar a carreira foi tamén profesor desta unviersidade antes de trasladarse á de Marburgo, na que permanecu até a súa morte.[1]

A antiga universidade foi pechada en 1818, e o selo universitario e a biblioteca foron entregados á Rheinische Friedrich-Wilhelms-Universität Bonn, que continúan funcionando ambos até hoxe.

Entre 1818 e 1891 non houbo universidade en Duisburgo. En 1891, a Escola Metalúrxica Rheinisch-Westfälische trasladouse de Bochum a Duisburgo, e logo se converteu na "Escola Real de Enxeñería Mecánica e Metalúrxica de Prusia" e foi rebautizada como "Escola Estatal de Enxeñería" en 1938.

Tras unha decisión do goberno estatal en 1960, a Academia Pedagóxica (protestante), a partir de 1962 Universidade Pedagóxica, foi trasladada desde o próximo Kettwig (a partir de 1975 un distrito de Essen) a Duisburgo en 1968 e pertenceu á "Universidade Pedagóxica Ruhr".[2]

Esta universidade e a escola de enxeñaría mecánica e metalúrxica mencionada anteriormente, que foi rebautizada como "Escola de Enxeñería da Universidade de Ciencias Aplicadas" en 1971 e temporalmente rebautizada como "Universidade de Ciencias Aplicadas de Duisburgo" tras a incorporación dun departamento empresarial, constituíron a base para a fundación da "Universidade de Ciencias Aplicadas de Duisburgo" en 1972. O Reitor fundador da Universidade que abriu o 7 de agosto de 1972 foi o profesor Helmut Schrey.

A fundación da universidade integral en Duisburgo foi parte do concepto do goberno de Renania do Norte-Westfalia para rexionalizar o panorama universitario de todo o estado e permitir que os estudantes de familias non académicas estudasen coa axuda de cursos integrados con relevancia práctica. En 1980, a universidade recibiu o nome de "Universität-Gesamthochschule Duisburg".

En 1994, o senado universitario baixo Gernot Born (reitor entre 1986-1995) decidiu cambiar o nome da universidade a "Gerhard Mercator University" en recoñecemento aos servizos de Gerhard Mercator] Foi profesor na escola de gramática académica de Duisburgo, que é a precursora da Escola deGgramática Landfermann actual e da antiga Universidade de Duisburgo.

Fusión editar

O 1 de xaneiro de 2003 fusionouse a Gerhard-Mercator-Universität Duisburg coa Universität-Gesamthochschule Essen, formándose a Universidade de Duisburgo-Essen (Universität Duisburg-Essen), polo que esta é a universidade máis xove de Alemaña. Con aproximadamente 43 000 estudantes de 130 naciónes, é unha das dez universidades máis grandes de Alemaña.[3]

Notas editar

  1. Holger Krahnke (2001): Die Mitglieder der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen 1751–2001 (= Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften zu Göttingen, Philologisch-Historische Klasse. Folge 3, Bd. 246 = Abhandlungen der Akademie der Wissenschaften in Göttingen, Mathematisch-Physikalische Klasse. Folge 3, Bd. 50). Gotinga: Vandenhoeck & Ruprecht. ISBN 3-525-82516-1, p. 166.
  2. Ingo Runde (ed.): "Lehrerausbildung an Rhein und Ruhr im 20. Jahrhundert".
  3. Entwicklung der Zahl der Studierenden seit WS 96/97

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

  • Universidade de Essen
  • Universidade de Duisburgo-Essen