Universidade Internacional de Cataluña

A Universidade Internacional de Cataluña (en catalán: Universitat Internacional de Catalunya), coñecida polo acrónimo UIC, é unha universidade privada con sede en Barcelona, Cataluña (España). Ten dous campus, un en Barcelona e outro en Sant Cugat del Vallès. Conta na actualidade con máis de 4.500 alumnos nas 19 titulacións oficiais que ofrece. A taxa de inserción laboral das súas egresados é do 95%, segundo estatísticas oficiais de 2011, a maior porcentaxe do sistema universitario catalán.

Universitat Internacional de Catalunya
Campus de Barcelona
Datos xerais
LocalizaciónCataluña Barcelona
Datos actuais
ReitorPere Alavedra Ribot
Alumnos4.500
Datos de contacto
EnderezoImmaculada, 22
Barcelona
Páxina webhttp://www.uic.cat/
Facebook: UICbarcelona Twitter: uicbarcelona Instagram: uicbarcelona Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O seu ideario está baseado no humanismo cristián, e ofrece atención pastoral a través do Servizo de Capellanía, que está encomendado á Prelatura do Opus Dei.

Historia editar

A UIC foi fundada en 1997, e recoñecida polo Parlamento de Cataluña pola Lei 11/1997, de 1 de outubro.

Reitores editar

Centros docentes editar

  • Escola Superior de Arquitectura (ESARQ)
  • Facultade de Ciencias Económicas e Sociais
  • Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde
  • Facultade de Odontoloxía
  • Facultade de Ciencias Xurídicas e Políticas
  • Facultade de Ciencias da Comunicación
  • Facultade de Humanidades
  • Facultade de Educación

A universidade dispón ademais dunha Clínica Universitaria de Odontoloxía (CUO), aberta ao público.

Véxase tamén editar

Ligazónse externas editar