Unidades de viscosidade

Para as dúas clases de viscosidade, a viscosidade dinámica e a viscosidade cinemática, úsanse cadansúa unidade.

Viscosidade dinámica, ou absolutaEditar

No Sistema Internacional de Unidades (SI), a unidade física de viscosidade dinámica é o pascal-segundo (Pa·s), que corresponde exactamente a 1 N·s/ ou 1 kg/(m·s).

A unidade Sistema CGS para a viscosidade dinámica é o poise (1 poise (P) ≡ 1g·(s·cm)−1 ≡ 1 dina·s·cm−2 ≡ 0,1 Pa·s), cuxo nome homenaxea ao fisiólogo francés Jean Léonard Marie Poiseuille (1799-1869).

Adóitase usar máis un submúltiplo, o centipoise (cP). O centipoise úsase máis debido a que a auga ten unha viscosidade de 1,0020 cP a 20 °C.

1 poise = 100 centipoise = 1 g/(cm·s) = 0,1 Pa·s.[1]
1 centipoise = 10-3 Pa·s.[2]

No Sistema imperial (Sistema anglosaxón de unidades), o Reyn foi nomeado sn honor de Osborne Reynolds:

1 Reyn = 1 lb fsin-2 = 6,89476 × 106 cP = 6890 Pa × s

O poiseuilleEditar

En Francia intentouse establecer a unidade poiseuille (Pl) como nome para o Pa·s, sen éxito internacional.

Nota: non se debe confundir o poiseuille co poise, chamado así pola mesma persoa.

Viscosidade cinemáticaEditar

A viscosidade cinemática obtense como cociente entre a viscosidade dinámica (ou absoluta) e a densidade. A unidade no SI é o (m²/s).

A unidade física da viscosidad cinemática no Sistema CGS é o stoke (abreviado S ou St), cuxo nome provén do físico irlandés George Gabriel Stokes (1819-1903). Ás veces exprésase en termos de centistokes (cS ou cSt).

1 stoke = 100 centistokes = 1 cm²/s = 0,0001  m²/s
1 cSt = 10-6 m2/s.[3]

NotasEditar

  1. [1] Biomedical Engineering: Bridging Medicine and Technology, páx. 722, en Google books.
  2. Mecánica de fluidos, páx. 45, en Google libros.
  3. Manuale delle macchine utensili páx. 41, en Google libros.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar