A Unidade 101 foi unha unidade de forzas especias do exército israelí, fundouna e dirixiuna Ariel Sharon por orde do primeiro ministro David Ben-Gurion en agosto de 1953. Recibiu moitas críticas debido ás mortes de civís inocentes, en especial tralo masacre de Qibya.

Actividades editar

Logo da súa fundación, a unidade relizou unha serie de operacións contra civís nos territorios controlados por Xordania e Exipto. Nunha das súas primeiras actuacións atacou o campo de refuxiados de El-Bureij, en Gaza, pero a máis coñecida foi a operación que realizou en outubro de 1953 en Qibya (Cisxordania), na que se lle ordenou que maximizara o dano, e no que morreron 70 civís. Debido ás condenas unánimes pola operación, o exército prohibiu a matanza de civís nas operacións e en xaneiro de 1954 a unidade integrouse na 890 Brigada Paracaidista ata que foi desmantelada trala guerra de Suez de 1956.